MOS
Os socialistas aseguran que o Concello "manipula a veciñanza de Pereiras"
En relación a problemática acontecida durante esta semana sobre o saneamento de Pereiras, o PSOE de Mos defende que non houbo “bloqueo político”, posto que xa ten a autorización para iniciar as obras que tanto a veciñanza coma a bancada socialista levábanlle anos reclamando o concello e que non se cumpría.
Para iniciar ditas obras, "o concello precisaba do permiso da Confederación hidrográfica e que remitiron a solicitude corrixida de erros e ben cumprimentada no pasado setembro. Victoria Alonso recórdalle a rexedora local que coma ela ben sabe, este proceso non soe ser rápido debido a carga de traballo que teñen na Confederación e engade que en lugar de falarlle coa verdade a veciñanza utiliza a demagoxia, confrontando os veciños utilizando as cores políticas. Alonso quere puntualizar que a representante do PP local busca facer dano político no tocante de loitar para que Mos goce dun saneamento completo" sinalan.
Para evitar confusións entre a veciñanza, Alonso aclara que" esta obra vai ser feita con fondos propios e que non pertencen a unha subvención que se puidese perder coma se lle fixo crer os veciños nun primeiro momento, e dicir, outra mostra máis dos reiterados enganos cos que traballa este goberno. E pídelle o goberno que teñan mellor previsión nas súas funcións e que traballen sen botar man da demagoxia política porque os socialistas de Mos defenderemos o interese xeral e a verdade por enriba de todo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11