Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 05 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Ultímase a musealización do Castro de Chandebrito

A explanada de acceso ao promontorio xa conta cun panel no que por vez primeira se recrea mediante un debuxo a vida no castro e que contén información para a súa compresión espazo-temporal

O Concello de Nigrán, tras promover a escavación de 58 metros cadrados no Castro de Chandebrito, ultima esta semana a fase de musealización do mesmo delimitando areas e colocando paneis informativos. Así, xa foi instalado na explanada de acceso ao promontorio un panel no que por vez primeira se recrea mediante un debuxo a vida no castro e que contén a seguinte información: 'O Castro de Chandebrito é un asentamento fortificado da Idade do Ferro composto por tres grandes terrazas e murallas que modifican o perfil natural do outeiro proporcionando un espazo onde construír as vivendas. Os materiais cerámicos exhumados permítennos falar dunha ocupación do castro moi dilatada no tempo de case 1.000 anos, dende o século VIII a.C. ó I d.C, contando con elementos que proceden do comercio co mundo mediterráneo (púnicos e romanos). A pesares da crenza popular de ser unha sociedade eminentemente guerreira, os habitantes de Chandebrito vivían da agricultura e da gandería'. Estes traballos de escavación, consolidación e restauración constaron de dúas intervencións, a segunda delas financiada integramente por parte do Concello con 31.556 euros a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.

 

A súa musealización, xunto cun plan de divulgación que incluirá  unha reconstrución virtual web de toda a contorna e os seus achados, forman parte do proxecto do Concello de Nigrán para por en valor este auténtico tesouro arqueolóxico, sendo o obxectivo do goberno municipal escavar en sucesivas fases todo o promontorio. Así, a partires de decembro e por vez primeira, calquera visitante que se achegue ata o seu cume poderá apreciar in situ restos de tres antigas murallas e de catro construcións  cuxa función aínda se descoñece, todo elo sinalizado nunha ubicación con impresionantes vistas á ría de Vigo. 

 

 

 

 

"Dende o Concello seguiremos promovendo novas fases de escavación porque sabemos que este é o camiño para que sexa un referente etnográfico de toda Galicia", sinala o alcalde, Juan González

 

 

 

 

"Estamos ante o gran tesouro patrimonial de Nigrán e da comarca. O potencial deste castro é maior do que xa se supoñía; dende o Concello seguiremos promovendo novas fases de escavación porque sabemos que este é o camiño para que sexa un referente etnográfico de toda Galicia", destaca o alcalde, Juan González, quen incide en que, despois dos incendios, "todos comprendemos que a cultura, o respecto ao medio ambiente e a actividade económica deben ir sempre da man" por iso dende o goberno local se aposta por facer investimentos como a musealización deste espazo único ou a creación do primeiro parque forestal da comarca en terreos queimados das parroquias de Camos e Chandebrito.

 

O Castro de Chandebrito foi oficialmente escavado no 2008 nunha pequena intervención que permitiu situalo como habitado entre os séculos VI a.C ao II a.C, sen embargo, a nova investigación amplía a ocupación do VIII a.C ao I d.C. Así o certifican as decenas de pezas atopadas (fusos de fío, la e liño, pedras de afiar, pezas de metal, unha conta púnica...) e os miles de fragmentos de cerámica de diferentes épocas e moi ben conservadas, algunhas delas con decoración profusa (apareceron desde ánforas romanas ou fenicias que certifican o comercio dos habitantes de Chandebrito cos pobos mediterráneos a cerámica propiamente castrexa).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.