Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 29 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo: “os que están no Xuzgado por falsificación de documentos públicos son eles"

Considera que a querella ante a Fiscalía ven motivada pola desesperación e síntese respaldada pola veciñanza mosense tras a maioría absoluta das pasadas eleccións municipais

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aclarou hoxe en relación á querella da Comunidade de Montes de Tameiga por suposta prevaricación que o proxecto que motiva esta denuncia ante a Fiscalía está “avalado pola legalidade”. Ademais insistiu en que “os que están no Xuzgado por falsificación de documentos públicos e usurpación son eles e en que o maior referéndum sobre este tema foron as pasadas eleccións do 26 de maio, nas que o municipio de Mos falou alto e claro”. “Non vou a permitir que ningunha entidade ou persoa por interese político manche o nome deste Concello e desta alcaldesa”, sentenciou.


A rexedora local mosense explica que a modificación puntual do PXOM aprobada inicialmente en Pleno "está totalmente avalada pola legalidade, tanto polos informes da Secretaría Municipal, como por Intervención e Urbanismo do Concello de Mos; como pola Xunta de Galicia". “E seguimos todos os pasos pertinentes esixidos por lei, que se non estivesen respaldados pola legalidade non se houbese dado nin o primeiro paso. Eu son a primeira que sempre dixen, e sigo a dicir, que no momento que se plantexe un problema legal respecto deste proxecto, pararíase o procedemento”, declarou.


“Para chegar ata aquí tivemos que solicitar innumerables informes sectoriais, tanto autonómicos como estatais; dos que xa recibimos resposta de AENA, da Secretaría de Estado de Enerxía do Ministerio de Transición Ecolóxica, da Subdirección Xeral de Hidrocarburos tamén do Ministerio de Transición Ecolóxica, e da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do Ministerio de Economía”, informa Nidia Arévalo.


Continuou Arévalo destacando o feito de que “os que están no Xuzgado a ser investigados son membros da directiva da Comunidade de Montes de Tameiga, e non precisamente por unha broma, senón por un delito moi grave de presunta falsificación de documentos públicos e usurpación, pola trama dos recibos da auga falsos remitidos ás vivendas de Mos antes das eleccións municipais”.


E fixo referencia á democracia. “Mos é un Concello democrático e a veciñanza mosense falou alto e claro co seu voto nas pasadas eleccións municipais do 26 de maio. Foi o mellor dos referéndums que se puido facer sobre o proxecto do Celta en Mos. Mos dixo que sí nos últimos comicios locais, a esta alcaldesa e ao goberno local que encabezo, durante catro anos máis. E dixo que sí aos proxectos de futuro que levamos no noso programa electoral”.


“Por moito que a Comunidade de Montes de Tameiga actúe guiada pola desesperación, como demostra con esta querella presentada ante a Fiscalía, e como demostrou coa violencia que exerceu o pasado mes de setembro na reunión na que impediu que se realizase no Multiusos das Pozas, eu continuarei con paso firme e seguro, allea ás súas manipulacións. Porque eles son xente manipuladora, dictadores cos seus propios comuneiros”, sentenciou. E tamén engadiu a alcaldesa que “critico duramente que utilicen ao Ministerio Fiscal gastando diñeiro público simplemente para tentar sabotear e bombardear o acto de primeira pedra de mañá, porque esa é claramente a súa intención: enturbiar este acto”. Ademais recomendoulles que fagan un execizo de responsabilidade económica: “deberían sopesar os gastos nos que se están a meter, ademais de causarlle gastos ao Ministerio Fiscal”.


A rexedora tamén anunciou que “ante semellante barbaridade, o Concello está a valorar asesorado polo seu gabinete xurídico, emprender accións legais contra a Comunidade de Montes de Tameiga”.


“Por moito que se empeñen non daremos nin un paso atrás, e recoméndolles que sigan o exemplo da Comunidade de Montes de Pereiras, que xa conta con 200.000 euros investidos polo RC Celta en mellora das traídas de augas, e unha obra nos seus terreos de dous campos de fútbol e vestiarios, da que mañá colocaremos a primeira pedra”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.