Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán estrea na Ramallosa os primeiros 'bancos da amizade'

A iniciativa xurdíu dunha nena de Florida no 2012 como un recurso ubicado no patio escolar onde sentarse cando un precisa apoio, folgos, alegrías e novas amizades

O Concello de Nigrán instalou na Alameda de San Campio da Ramallosa os dous primeiros 'bancos da amizade' de Galicia, unha iniciativa que xurdíu no 2012 en Florida tras pedirlle a nena Acacia Woodley a súa profesora que se colocase un no patio escolar para combatir a soidade nos recreos. En definitiva, trátase dun recurso que Nigrán extenderá aos seus patios e onde a persoa que se senta transmite aos demais a necesidade de apoio, folgos, alegrías e novas amizades.

 

"Recibimos a petición dunha veciña de Priegue no verán e dunha persoa maior da Ramallosa para que os fixeramos en Nigrán e non dubidamos nin un segundo, inmediatamente llos encargamos ao Centro Ocupacional do CEE Juan María; estamos encantados porque outros concellos da comarca coñecedores da nosa iniciativa xa anunciaron que se sumarán. Fomos pioneiros investindo en mochilas vibratorias para que as persoas xordas gozaran da música e a raíz disto outros moitos municipios de Galicia tamén o farán, ogallá que cos bancos suceda o mesmo", indica Juan González, alcalde de Nigrán, quen encadra este investimento no proxecto de goberno 'Un Nigrán para todos' que busca acadar a accesibilidade universal e, en definitiva, un Nigrán amable coas persoas e que cre na diversidade.  Consecuentes co propio mensaxe que transmite este banco, feito a base de listóns de madeira de diferentes colores, o Concello de Nigrán encargou a súa fabricación ao taller de carpitería do CEE Juan María, que tamén se ocupou da súa instalación esta mañá precisamente a carón da caseta de ventas coa que contan no Alameda de A Ramallosa e enfrentando un banco a outro para favorecer a comunicación entre as persoas.

 

 

 

 

"Estamos encantados porque outros concellos da comarca coñecedores da nosa iniciativa xa anunciaron que se sumarán", indica o alcalde, Juan González, quen subliña que tamén se instalarán en tódolos patios escolares

 

 

 

 

Esta idea chegou a España a inicios deste curso escolar cando unha nena dun colexio de Burgos o promoveu no seu centro a través dunha carta que se fixo viral nas redes sociais.  "Este banco combate o bullying  e a soidade en xeral, axuda ás persoas ás que se  marxina pero tamén evita as conductas dos que causan esa marxinación e, en definitiva, apela a solidariedade e fraternidade das persoas e á aceptación da diversidade, así que en Nigrán non podían faltar", incide González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.