O ROSAL
Reunión entre a alcaldesa do Rosal e a presidenta de ACUBAM
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a Presidentade acuBam, Patricia Rodríguez, tiveron unha reunión na que puideron manter un primeiro contacto e falar de cuestións, problemáticas e retos concretos nos que deben traballar conxuntamente.
Ambas comparten e acreditan nas potencialidades do sector agrícola no Concello e na Comarca. Na xuntanza mantida falaron desta cuestión e doutros temas relevantes como é «A Mostra de Cultivos do Baixo Miño».
Nestes intres, acuBam engloba ás empresas da comarca que traballan no agro desde diversos puntos: empresas hortícolas, viveiros ou productoras de flor cortada e todo o conxunto de empresas auxiliares nas que estas se apoian.
«Sen dúbida, debemos colaborar e sentar uns alicerces sólidos de comunicación entre o Concello do Rosal e acuBam.
O Rosal caracterizouse sempre por ser horta do Baixo Miño. Entre todos debemos traballar na revalorización da horta, o agro e fomentar o aproveitamento da terra como medio de vida na propia educación dos nosos cativos.
Para iso é preciso que camiñemos xuntos e fagamos valer o sector agrícola do Rosal e da Comarca co obxectivo de facer forza e conseguir unha maior implicación da Xunta de Galicia, afirma a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández.»

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149