PROVINCIA
Abre o prazo para os IV Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o audiovisual
A Deputación de Pontevedra será a sede da cuarta edición do certame que trata de poñer en valor a figura da xornalista e escritora galega
Recoñecer a figura da escritora e xornalista María Luz Morales Godoy e promover a investigación científica no ámbito audiovisual son os obxectivos fundamentais da cuarta edición dos Premios María Luz Morales de Ensaio, que terá como sede á Deputación de Pontevedra. Este luns abriuse o prazo de presentación de traballos para o certame coa publicación das bases na páxina web da Academia Galega do Audiovisual, e rematará o 3 de maio do vindeiro ano.
O premio foi presentado ó abeiro da feira Culturgal no que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, subliñou a importancia deste certame: “Tomamos agora o relevo destes premios que manifestan a grande revolución audiovisual que vive Galicia, con proxectos que están a recibir recoñecemento nacional e internacional”. Desta forma, os premios María Luz Morales naceron no ano 2017 e están organizados pola Academia Galega do Audiovisual en colaboración coas catro deputacións galegas.
Máis polo miúdo, os ensaios presentados ó certame poderán ser de dúas modalidades, ensaio escrito e videoensaio, e cada unha destas modalidades terá dúas categorías, unha que abarca calquera aspecto do audiovisual do ámbito internacional e outra na que se recollerán ensaios que estean relacionados especificamente co audiovisual galego. O premio para cada unha das catro categorías será de 1.200 euros e un trofeo conmemorativo. Ademais, os ensaios gañadores serán publicados na web da Academia Galega do Audiovisual, tanto en texto como en vídeo. Os traballos deberán entregarse por correo electrónico no enderezo inscricions@academiagalegadoaudiovisual.gal.
A entrega de premios, na que se anunciarán os traballos gañadores, será acollida pola Deputación de Pontevedra en xuño de 2020. Deste modo, con este certame preténdese recoñecer a labor de María Luz Morales, que foi, tal e como explicou Silva, “pioneira do xornalismo cultural no século XX que en 1924 se fai cargo da crítica cinematográfica co pseudónimo masculino de Felipe Centeno, nome dun personaxe de Benito Pérez Galdós, porque daquela as mulleres tiñamos que asinar con nomes de homes”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184