Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta demanda ao goberno do Porriño "implicación" para solucionar os problemas dos veciños de Budiño

A Axencia Galega de Infraestruturas agarda desde outubro a coñecer a posición do goberno local sobre a actuación proposta de construción dunha variante á estrada autonómica PO-510

A Xunta de Galicia demanda do goberno municipal do Porriño implicación para avanzar na solución aos problemas manifestados polos veciños do núcleo de Budiño en relación coa estrada autonómica PO-510.


A Axencia Galega de Infraestruturas agarda desde o pasado outubro a que o goberno municipal do Porriño manifeste a súa posición sobre a actuación formulada polos técnicos autonómicos para a estrada autonómica PO-510. Trátase dunha solución que, ademais de atender as demandas dos veciños de Budiño, resolve outras necesidades.


En concreto, a proposta consiste na construción dunha variante da estrada PO-510 con conexión directa coa A-55 para liberar tráfico e mellorar a mobilidade nesta parroquia. Desa forma eliminaríase o paso de boa parte dos vehículos polos tres primeiros quilómetros da vía autonómica, de xeito que os dous primeiros darían servizo ás canteiras e ao polígono e o terceiro facilitaría a mobilidade dos veciños de Budiño.

 

 

 

 

A pesar da preocupación dos veciños, a alcaldesa non acudiu ás dúas últimas xuntanzas coa Administración autonómica

 

 

 


Esta alternativa beneficiaría, ademais, aos produtores de granito, ao polígono empresarial da Granxa e aos municipios de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, ao proporcionarlles unha mellor conexión coa A-55.


A pesar da preocupación dos veciños polo asunto, a alcaldesa do Porriño non acudiu ás ultimas xuntanzas coa Xunta para abordar este asunto, nin se deu aínda traslado da postura do Concello sobre a proposta formulada, tal e como se comprometera na xuntanza anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.