Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 04 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Máis de medio milleiro de nenos e nenas participan na 'I Ruta Cicloturista pola Diversidade'

Alumnos dos colexios miñoranos CEE Juan María, CEIP da Cruz, Mallón, Humberto Juanes, Primeiro de Marzo, Terras de Turonio e do proxecto 'Discamino' encheron a Praza do Concello coas súas bicicletas na lectura do manifesto

Máis de medio milleiro de nenos e nenas protagonizaron onte a 'I Ruta Cicloturista' organizada entre CEE Juan María e Concello de Nigrán para celebrar o Día Internacional da Diversidade Funcional. Unha xornada conmemorativa que continuará esta tarde no Auditorio Municipal coa primeira gala 'Un Nigrán de talentos', adicada a visibilizar a habilidade das persoas sexa cal sexa a súa capacidade.

 

Nenos e nenas dos colexios de Nigrán CEE Juan María, Humberto Juanes, da Cruz e Mallón; xunto a IES Terra de Turonio de Gondomar, IES Primeiro de Marzo de Baiona e o proxecto Discamino, protagonizaron esta primeira gran marcha pola diversidade que arrancou na Praza do Concello de Nigrán ás 11:00 horas coa lectura dun manifesto a cargo de rapaces do Juan María e nenos do Humberto Juanes no que se reclamou, entre outras cousas, a accesibilidade dos espazos públicos e privados, unha inclusión educativa real e ter un emprego en condicións de igualdade. Todos xuntos pedalaron nas súas bicicletas (entre elas as catro bicicletas adaptadas do Concello de Nigrán e as de Discamino) ata o Pavillón de Panxón, onde o Concello ofreceu unha chocolatada. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.