OPINIÓN
Carta aberta sobre compatibilidade
Remito a vostedes as seguintes liñas en relación á polémica sobre a miña compatibilidade entre o meu cargo no Concello de Ponteareas e o exercicio da avogacía e, en particular, ao fío do comunicado remitido hoxe polo Partido Popular da localidade.
Con este escrito quero simplemente que vostedes mesmos poidan comprobar as falsidades ás que recorre Dna. Belén Villar para xustificar a súa posición de voto no último pleno no que deu o seu visto bo á miña compatibilidade. Teño especial interese en que vostedes, como profesionais dos medios de comunicación e, en xeral, a opinión pública, podan valorar, cos documentos á vista, negro sobre branco, o nível ético de quen, con comunicados coma o emitido, pretende non só faltar á verdade sen rubor, senón tamén enganar burdamente aos medios de comunicación e á sociedade. Paso, pois, a diseccionar cada afirmación falsa contida no comunicado:
AFIRMACIÓN 1: Houbo “unha rectificación da alcaldía levando novamente a pleno o acordo da compatibilidade de Roberto Mera”.
É radicalmente falso: o que se levou a Pleno foi o recurso que Dna. Belén Villar presentou contra a miña compatibilidade, porque dito recurso debe resolvelo o Pleno, que decidíu rexeitalo. Non se levou ningunha rectificación do alcalde ou do goberno”.
AFIRMACIÓN 2: No acordo do pleno engadíuse un punto “que limita a compatibilidade do oficio de avogado de Roberto Mera”.
É falso, o acordo non limita a miña compatibilidade; o acordo lembra a Belén Villar que a compatibilidade xa está limitada polo artigo 23 da lei 40/2015, iso é o que recolle o engadido. Xa estaba limitada por lei cando se adoptou o acordo en xullo e sigue estándoo agora, non hai, pois, ningunha novidade nin nova limitación. O propio asesor xurídico indica no seu informe que “tal engadido non supón unha estimación do recurso dado que o recurso en cuestión interesaba a nulidade do acordo de concesión de compatibilidade, co cal ao non supoñer dito engadido unha anulación do acordo senón a introducción dunha consideración que resulta obvia, é por elo que o recurso debe ser rexeitado”. No informe tamén se di que se introduce o engadido a pesares de que “é evidente que ditos límites deben ser cumpridos por canto son impostos por Lei”.
AFIRMACIÓN 3: Dna. Belén Villar asegura no comunicado que tal engadido “era o que levaba o PP solicitando desde o principio”.
É absolutamente falso: nin nas intervencións no Pleno (dispoñibeis en video na web municipal), nin no recurso de reposición da Sra. Villar, nin na súa queixa ao Valedor do Pobo, nin nos comunicados de prensa do PP, se fala nin unha soa vez do deber de abstención previsto xa no artigo 23 da lei 40/2015 e que agora se recolle como obviedade no acordo plenario.
Esta falsidade ten especial gravidade pois a Sra. Villar se quere atribuir agora como propias as alegacións que eu mesmo presentei contra o seu recurso. Ese é o nível ético da Sra. Villar. Efectivamente, fun eu quen nas miñas alegacións sinalei que o Pleno, contrariamente ao que dicía Dna. Belén Villar no seu recurso, non tiña que limitarme as miñas funcións porque tal limitación xa está prevista no artigo 23 da Lei 40/2015. E fíxeno nada menos que en oito páxinas diferentes do meu escrito (3, 4, 11, 12, 13, 14, 17 e 20). O engadido incluido no Pleno dame a razón a min porque eu fun quen nas miñas alegacións argumentou precisamente que ese artigo 23 da Lei 40/2015 xa prevé os límites da compatibilidade mediante a obriga de absterse naqueles asuntos que afecten a familiares ou a temas profesionais. O engadido do acordo recolle literalmente o que eu defendín nas miñas alegacións contra os argumentos do recurso de Dna. Belén Villar e non ao revés como agora patéticamente alega dita señora.
AFIRMACIÓN 4: Asegura o PP que “xamais se manifestou en contra destas compatibilidades” e que rexeitaron a miña porque “supuña un trato de favor e non se garantía que non se producira conflitos de intereses”.
De novo é completamente falso: o PP alegou sempre que unha adicación exclusiva non se podía compatibilizar cun traballo, que só era posíbel cunha adicación parcial. Pódese comprobar revisando o video do Pleno do mes de xullo. Aínda é máis, no recurso de Dna. Belén Villar cuestiónanse os meus horarios e afírmase que eu desempeño “en el Ayuntamiento su actividad pública y principal y es obvio que no es compatible el horario con una actividad privada de abogado. (...) Es absolutamente evidente que el Sr. Mera no puede defender ni asesorar a nadie, nin comparecer en procesos judiciales que exijan una presencia ante tribunales y otros organismos durante el horario de trabajo. Esta limitación es obligatoria desde el momento en que el propio interesado reconoce que piensa dedicarse al ejercicio de la abogacía y ello es completamente incompatible con sus funciones, con el desempeño de su función principal”. É dicir, era un problema de horarios e de tempo, razón pola que, segundo a Sra. Villar, non podía ter adicación exclusiva e adicación á avogacía, só cabía, ao seu entender, a adicación parcial.
AFIRMACIÓN 5: O PP asegura que se dirixíu á Valedora do Pobo para denunciar “o rodillo que aplicou o alcalde nese Pleno”.
De novo é absolutamente falso: a queixa á Valedora do Pobo é exactamente o mesmo texto que o recurso contra o acordo do Pleno, pedindo a nulidade da compatibilidade, nada que ver con supostos rodillos nunha votación. O simple cotexo do recurso e da queixa permite comprobalo.
Nun estado democrático e de dereito os medios de comunicación xogan un papel fundamental a través da traslación de información á cidadanía desde os principios da obxectividade e a veracidade. Creo que é a miña obriga, como persoa afectada ademais persoalmente no presente caso, revelar as falsidades que unha representante pública pretende introducir na sociedade a través dos medios, falsidades, ademais, obxectivabeis a través de documentos públicos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11