GALICIA
Os plans de estudos incluirán a importancia da emigración na historia de Galicia
Ademais de que a Galicia exterior é fundamental para transmitir a idea da Galicia contemporánea, afirma que “temos a obriga histórica de conservar o patrimonio e a cultura que iniciaron hai máis dun século as comunidades galegas no exterior”
Co obxectivo de trasladar ás xeracións máis novas o legado e os logros das comunidades galegas no exterior e preservar a súa memoria, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que os plans de estudos de primaria e secundaria incluirán a importancia da emigración na historia de Galicia, ademais de impulsar a posta en marcha dun Plan Director do Patrimonio documental das sociedades galegas no exterior, para a protección e posta en valor do legado artístico e cultural da emigración.
“Estamos a falar de dúas iniciativas que impulsarán a memoria da emigración”, dixo, incidindo en que ademais de que a Galicia exterior é fundamental para transmitir a idea da Galicia contemporánea, “temos a obriga histórica de conservar o patrimonio e a cultura que iniciaron hai máis dun século as comunidades galegas no exterior”.
O presidente da Xunta lembrou que desde que en 1879 se fundara en Montevideo o primeiro centro galego, multiplicáronse por todo o mundo as entidades cuxa tarefa non só se circunscribiu aos países onde os galegos emigrados construíron fogares colectivos, senón que o seu impulso chegou tamén á Galicia territorial, a través do financiamento de servizos públicos entre os que destacan centenares de escolas. “Moitas destas institucións que impulsaron estes logros son hoxe centenarias e afrontan con tenacidade novos retos na súa actividade diaria para garantir o seu futuro”, aseverou, ao que engadiu a necesidade de preservar o seu valioso patrimonio arquitectónico e cultural, intrínseco á identidade dos galegos.
Reitera que a Xunta seguirá trasladando ao novo Goberno de España a necesidade de simplificar os trámites da homologación de títulos universitarios e dos permisos de residencia de familiares sen nacionalidade
Durante a clausura do XII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, o presidente da Xunta afirmou que os valores que representan estas sociedades son tan necesarios como hai un século. “Nelas atópase esa tendencia ao diálogo entre culturas, esa naturalidade coa que construímos unha identidade que suma e esa aposta insistente pola convivencia”, recoñeceu, garantindo o compromiso cos galegos do exterior e co legado que as comunidade inspiraron.
Como exemplo de que as comunidades de galegos non só teñen un papel destacado na nosa historia, senón tamén no presente e no futuro de Galicia, Feijóo resaltou que o Xacobeo 2021 será tamén unha auténtica eclosión cultural nos centros de todo o mundo, coa colaboración das institucións de Galicia que ofrecen os instrumentos necesarios para facilitar a información e divulgación en todos os ámbitos desta celebración. “Invitamos a que os centros galegos sexan tamén un alicerce e un lugar onde presumir de galegos e presumir de ser do pobo onde todos os camiños conflúen e ata onde miles de persoas de distintos países do mundo chegan peregrinando”, sentenciou.
Por último, o titular da Xunta reiterou que o Executivo autonómico seguirá trasladando ao novo Goberno de España a necesidade de simplificar os trámites da homologación de títulos universitarios e dos permisos de residencia de familiares sen nacionalidade, habilitando un procedemento de concesión inmediata do permiso de residencia e traballo para os membros de familias mixtas, cónxuxes e fillos sen nacionalidade española.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184