MOS
Sorpresa no acendido do alumeado de Nadal en Mos
A alcaldesa anunciou hoxe na presentación da programación navideña municipal que no acto de acendido do venres desvelarase un agasallo inesquecible para os mosenses
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo mosense, Sara Cebreiro, e a edil de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, presentaron esta mañá no Belén do Pazo de Mos a programación de Nadal deste ano, que se abrirá o vindeiro venres, 6 de decembro, ás 18.00 horas, co acto oficial de acendido do alumeado navideño na rotonda das Angustias en Sanguiñeda. A rexedora local anunciou durante a presentación que “o acendido do alumeado de Nadal deste ano será o máis especial e inesquecible da historia de Mos porque temos unha gran sorpresa, un gran agasallo, para todos os mosenses, que desvelaremos ese día; por iso animo a toda a veciñanza a participar connosco dunha tarde chea de ilusión”.
O acto de acendido de luces comezará ás 18.00 horas cun concerto de “Uxía Lambona e a Banda Molona” seguido de chocolate con churros para todos os asistentes ambientado musicalmente con DJ infantil.
Ademais do acto de acendido o Nadal en Mos ten programadas moitas máis actividades entre as que se atopan os tradicionais Concurso Infantil de Postais de Nadal con prazo de entrega ata o 23 de decembro, o Desfile de Rondallas o domingo 22 de decembro ás 17.00 horas en Puxeiros, o Campamento de Nadal para Escolares do 23 de decembro ao 7 de xaneiro no Multiusos das Pozas, os Beléns do Pazo de Mos e de Herville, o Belén Vivinte no Pazo o 25 de decembro e, por suposto, a Cabalgata de Reis o domingo 5 de xaneiro ás 17.00 horas na Avenida de Sanguiñeda.
Outro prato forte da programación navideña mosense é a Festa Pre Fin de Ano que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos, coa actuación da Orquestra La Fórmula e as badaladas con uvas e cotillón ás 00.00 horas.
E as dúas novidades deste ano serán a Quedada Solidaria Mos Racing Sport-Mos Axuda o sábado 7 de decembro a partir das 11.00 horas no Santiaguiño en Guizán, e ‘Caperucita Roja, la versión más loca de la historia’ o domingo 29 de decembro no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso ás 18.00 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11