GALICIA
A Xunta reforzará o Servizo de Axuda no Fogar para atender a 2.100 maiores dependentes máis
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte, na rolda de prensa do Consello da Xunta, o lanzamento inmediato dun Plan de reforzo do Servizo de Axuda no Fogar que permitirá atender nos próximos meses a 2.100 persoas maiores dependentes máis por toda Galicia e crear preto de 670 postos de traballo no ámbito social. Cun investimento de cerca de 5 M€ que se suma aos 76,4 M€ orzados para cumprir en 2020 coa prestación do dito servizo.
A continuación e a modo de balance, Feijóo enumerou o amplo catálogo de recursos que o Goberno galego pon á disposición das persoas maiores para seren atendidos nas súas casa cando comezan a necesitar apoio. Entre os que figuran: as axudas para coidados na contorna familiar, o xantar na casa en 1.300 fogares, a teleasistencia para 5.400 persoas ou o propio Servizo de Axuda no Fogar.
Finalmente, incidiu en que a través do referido Servizo de Axuda no Fogar, que xestionan os concellos, pero financia nunha parte moi importante a Xunta de Galicia, reciben actualmente atención profesional 24.000 galegos e galegas en situación de dependencia, en torno ao 40% do total de persoas que reciben unha prestación ou servizo da Lei de dependencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184