VIGO
A remodelación da Avenida de Madrid iniciarase a finais de 2020
Terá un orzamento de 13,4 millóns de euros
O Ministerio de Fomento ven de aprobar provisionalmente o proxecto de remodelación da Avenida de Madrid, "un proxecto que fomos pactando" sinala o Alcalde de Vigo, Abel Caballero,e que, logo da súa publicación no BOE, será sometido a exposición pública para que se poidan presentar as alegacións oportunas. Posteriormente, aprobará o proxecto definitivo, fará a licitación e a obra. O Concello debe sometelo tamén ao visto bo da Xunta de Goberno Local.
![[Img #58606]](https://xornal21.com/upload/images/12_2019/697_1575382188rolda.jpg)
Caballero cualificou de "gran reforma" a obra da Avenida de Madrid que "queremos que sexa unha grande avenida e non unha estrada de entrada a Vigo". O proxecto continúa a súa marcha coa previsión de "estar en obras dentro dun ano" aproximadamente, polo que haberá que establecer un plan cunha "planificación coidadosa e detallada" ao tratarse dun "proxecto complexo" que debe garantir o acceso á Avenida.
O orzamento estimado da obra ascende a 13,4 millóns de euros dos que o Ministerio aboa dous terzos, 8,9 millóns de euros e o Concello un terzo, 4, 4 millóns de euros. A redacción do proxecto realizouna a dirección xeral de estrada cun importe de 285.000 euros e o Concello será o responsable de licitar, executar e vixiar o correcto desenvolvemento de toda a obra.
Celebrando que se trata dunha “grande noticia", Abel Caballero lembrou que o Concello e o Ministerio asinaron un convenio de colaboración no ano 2016 que contemplaba "unha contía de pouco más de 9 millóns que se amosou claramente insuficiente", polo que o Concello propuxo ampliala en catro millóns de euros máis. Así, en outubro de 2019 subscribiuse unha Adenda ao convenio para acadar o presuposto de 13,4 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126