Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 10 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación e Nós Mesmas impulsan un plan de formación sobre a diversidade afectiva e de xénero

A formación impártese tanto ao alumnado como ao profesorado e ten por obxectivo proporcionarlles ferramentas e coñecementos para prever situacións de acoso

A Deputación de Pontevedra xunto á asociación viguesa Nós Mesmas, no marco do convenio de colaboración asinado, están a poñer en marcha un novidoso plan de formación centrado na Diversidade Afectivo-Sexual e de Xénero (DASeX) nos centros públicos de primaria, secundaria e FP da provincia de Pontevedra. A través desta iniciativa estase a dotar de ferramentas e coñecementos ao alumnado e ao profesorado de 25 centros educativos da provincia, para prever situacións de acoso, detectalas a tempo e intervir nelas.

 

En concreto, a través deste plan de formación estase a promover o pleno desenvolvemento da personalidade e das capacidades afectivas do alumnado, a formación no respecto aos dereitos e liberdades, o recoñecemento da diversidade afectiva e de xénero e a valoración crítica das desigualdades co fin de superar os comportamentos sexistas.  Ademais tamén se está a formar ao alumnado sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero, dándolles ferramentas para que poidan empregar no caso de ser vítima de acoso LGTBfóbico ou de coñecer esta situación.

 

No caso do profesorado, o plan ten por obxectivo integrar o ensino do respecto á diversidade afectiva e de xénero como ferramenta das e dos docentes nos centros de educación. Tamén faise fincapé na formación ao equipo docente sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero. Ademais, vanse realizar actividades de prevención e formación que teñan como finalidade abordar de maneira integral a violencia de xénero.

 

Para a Deputación de Pontevedra é fundamental apoiar e colaborar con entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra que están a  desenvolver importantes proxectos e programas para a consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes e a loita contra a violencia machista. Neste caso coa Asociación Nós Mesas, unha organización feminista que naceu no ano 2008 en Vigo co obxectivo de contribuír á defensa dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais e que se ten convertido nun referente galego para todo o colectivo LGTBI, traballando para xerar un cambio positivo nas súas vidas, contribuíndo á súa visibilización e empoderamento e loitando contras as discriminacións que padecen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.