O PORRIÑO
O Porriño busca voluntarios para a clasificación dos alimentos do #GivingTuesday
O Concello do Porriño, a través da OMIX fai un chamamento para que todos aqueles porriñeses interesados en botar unha mán participen como voluntarios para a clasificación e reparto dos alimentos recollidos no #GivingTuesday
Logo do éxito da iniciativa “Alimentos par todos/as” proposta polos nenos, nenas e adolescentes do consello municipal de infancia levada a cabo entre o martes día 3 e onte 5 de decembro, a Concellería de Educación e a OMIX do Concello, abren un prazo para que aquelas persoas que o desexen poidan colaborar como voluntarias.
Dende o Concello queremos aproveitar a celebración do Día do Voluntariado para agradecer a colaboración e solidariedade dos veciños e veciñas do Porriño.
As tarefas concretas a desenvolver por parte das persoas voluntarias nesta ocasión serán a selección e a embalaxe dos alimentos recollidos na iniciativa #GivingTuesday tanto nos centros escolares coma nos locais municipais, para ser distribuídos entres as familias con menos recursos do concello.
Aquelas persoas interesadas en formar parte do equipo de voluntariado poderán informarse e/ou inscribirse no Centro Cultural Municipal, ata o día 11 de decembro.
Ó mesmo tempo a Concellería de Educación e a OMIX, tomando como punto de partida esta experiencia do #GivingTuesday, anuncian a futura posta en marcha dun programa municipal de voluntariado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149