VIGO
Vigo pecha a ponte festiva cunha afluencia de 700.000 persoas
Abel Caballero ofreceu este luns datos sobre a afluencia ao centro da cidade durante a Ponte da Constitución. O alcalde sinalou que na contorna da árbore da Porta do Sol contabilizouse unha media de 250.000 persoas por día e que durante os tres días calcúlase que houbo en Vigo uns 700.000 visitantes
Vigo recibiu durante a Ponte da Constitución a un total de 700.000 persoas atraídas polo alumeado de Nadal instalado polo Concello. Os datos os fixo públicos este luns o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación na que avanzou que os controis levados a cabo detectaron cifras de ata 250.000 persoas ao día na contorna da árbore da Porta do Sol.
"Foi o nunca visto, batemos todos os rexistros e previsións de asistencia e ocupación, pero vai a ser aínda maior na ponte de Aninovo", avanzou o rexedor. Caballero explicou que a ocupación hoteleira foi do 100% e que os aparcamentos estiveron "ateigados", rexistrándose colas de entrada nos accesos á cidade e tamén cheo total en restaurantes e cafeterías.
"Houbo restaurantes que esgotaron existencias, quedaron sen pan e seguiron servindo ceas", apuntou Caballero a modo anecdótico. Os datos tamén apuntan a que o Belén da Casa das Artes acudiron desde o pasado día 25 de novembro un total de 30.364 persoas, cando o ano pasado, no mesmo período foran 9.000 as visitas á instalación de Nadal.
O alcalde destacou que a masiva afluencia provocou que a ocupación hoteleira fose do 100% e que tamén houbo influencia na área metropolitana, desde o Val Miñor e Redondela ata O Porriño, así como en Sanxenxo e incluso Santiago e Ourense.
Ademais, Caballero indicou que unha das novas iniciativas do Nadal, coma é os campamentos para nenos, xa recibiron un total de 400 solicitudes para inscribirse en algunha das 150 prazas dispoñibles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56