Domingo, 29 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Domingo, 15 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño terá un edificio municipal de categoría enerxética A

Cun orzamento total superior aos 237.000 euros, e unha achega municipal de máis de 60.000, o Concello emprende as obras para a mellora e sostibilidade do edificio do antigo centro de saúde, agora adicado ás concellería de Benestar, Cultura e Deporte

O Concello de Tomiño vén de emprender as obras para a rehabilitación enerxética do antigo centro de saúde, cun orzamento total de 237.000 euros, e unha achega municipal de máis de 60.000.

 

Trátase dun proxecto de mellora da calidade e sostibilidade do edificio hoxe adicado á atención ao público das áreas de Benestar Social, Cultura, Turismo, Mocidade, Deporte, Protección Civil e Policía Local.

 

A actuación comprende concretamente a instalación dun sistema de illamento térmico en paredes exteriores; cambio de tellado e carpintería exterior, así coma a instalación dun sistema novo de iluminación led, recuperador de calor. A colocación de arborado que protexa da chuvia a fachada oeste é outra das particularidades do proxecto.

 

As obras, que estarán rematadas en 12 meses, darán coma resultado un edificio municipal de categoría enerxética A, pioneiro no seu tipo na comarca, pensado para lograr un grande aforro en altos consumos. . “Deste xeito, péchase o ciclo de subministro e autosuficiencia cun carácter local, engadindo un valor maior a un edificio público e servindo coma exemplo de sostibilidade e sensibilización co medio ambiente”, explica a alcaldesa, Sandra González.

 

De forma paralela, estase a levar a cabo a  mellora enerxética do propio Concello, coa instalación dunha caldeira de biomasa policombustible, que funcionará tanto con pelets, coma con astillas de pino ou carballo dos propios montes tomiñeses.

 

A continuación emprenderase a rehabilitación enerxética do edificio coñecido coma Escola Obradoiro de Goián, continuándose coas obras de mellora na envolvente, tellado e ventás do mesmo.

 

Todos estes proxectos son posibles grazas á concesión en concorrencia competitiva de subvencións a proxectos singulares de entidades locais, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. O Concello de Tomiño solicitou catro subvencións ao IDAE, logrando obter a totalidade delas, que suman máis de 1 millón de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.