PROVINCIA
Once escolas de música beneficiarias das axudas da Deputación
A institución provincial concede, por concorrencia competitiva, estas achegas co obxectivo de subvencionar os gastos correntes e de persoal das agrupacións
A Asociación Banda de Escola de Música de Beade, a Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, a Unión Musical de Coruxo, e a Unión Musical de Valladares, son as catro escolas de música da cidade de Vigo, beneficiarias das axudas ás agrupacións dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, que o goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno.
Na comarca viguesa tamén recibirán estas axudas a Agrupación Musical de Vincios, de Gondomar; a Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, de Mos; a Banda de Música de Rubiós, das Neves; a Asociación Banda Xuvenil de Xinzo, de Ponteareas; a Asociación Cultural Banda de Música Unión de Guláns, tamén de Ponteareas; a Agrupación Musical do Rosal; e Amigos da Música, de Salceda de Caselas.
A presidenta da institución provincial, Carmela Silva, detallou que “estas axudas en réxime de concorrencia competitiva, teñen un orzamento de 80.000 euros en toda a provincia beneficiando en total a 17 escolas de música de 11 concellos”. Silva aproveitou a súa intervención para subliñar o feito de que “desde a Deputación apostamos pola cultura, para que chegue ao maior número de persoas posibles”. Amais, na mesma liña, resaltou que “apoiamos ás escolas de música da nosa provincia sabendo que é unha obriga para a nosa cultura e tendo en conta que estamos a falar de escolas potentísimas que temos que valorar na súa xusta medida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101