Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 12 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos concilia no Nadal

As familias mosenses contan coa alternativa das actividades de Obradoiros de Nadal e Surfeamos no Nadal para os cativos durante as vacacións navideñas

[Img #58723]O Concello de Mos organiza sendas iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares de Nadal consistentes nos Obradoiros Infantís de Nadal e na actividade Surfeamos no Nadal.


En ambas iniciativas o prazo de inscrición atópase aberto, para os obradoiros rematará o venres 13 de decembro e para actividade de surf o luns día 16.


Os Obradoiros Infantís de Nadal impartiranse no Multiusos das Pozas en horario matinal de 09.00 horas a 14.30 horas durante os días 23, 24, 16, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. O prezo total da actividade é de 70 euros por neno/a participante que corresponden a 8 euros por día. Os cativos participantes deberán ter idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.


Surfeamos no Nadal realizarase os días 23, 26 e 27 de decembro impartido por Prado Surf. A actividade vai dirixida a rapaces de 10 a 17 anos e ten un custe de 39 euros. O horario (con saída e regreso desde o Multiusos) será de 10.00 horas a 14.00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.