Lunes, 06 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 14 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O parque de Bombeiros do Porriño contará cun vehículo de rescate en altura

O vehículo custará case 800.000 euros

O pleno extraordinario do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contra Incendios e de Salvamento, aprobou por unanimidade o expediente de Contratación e a convocatoria de licitación para a adquisición dun vehículo pesado de rescate en altura, que terá a súa base no Parque do Porriño, para a mellora da capacidade operativa do Consorcio, e co fin da dar resposta a esta demanda e suplir a actual carencia.

 

No pleno déronse conta dos informes preceptivos de valoración desta adquisición, todos favorables, e aprobouse o gasto derivado do orzamento base da compra do vehículo que ascende a case 800.000 euros (797.969,50€), que irá con cargo ao orzamento do Consorcio deste ano 2019. Tamén aprobáronse os pregos de cláusulas económico-administrativas e o prego de prescricións técnicas que rexerán nesta adxudicación.

 

A sesión foi presidida pola Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e asistiron o Director Xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, acompañado polos delegados territoriais da Xunta de Galicia na provincia, así como os representantes da Deputación provincial, os deputados Carlos Font e Santos Héctor Rodríguez.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.