PROVINCIA
A Xunta e a Deputación colaboran para a compra dun vehículo para rescate en altura
O Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo Contraincendios e de Salvamento de Pontevedra, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación pontevedresa, aprobou esta semana por unanimidade a contratación e a licitación para a compra dun vehículo pesado de rescate en altura, con base no parque de bombeiros do Porriño.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participaron esta semana no pleno extraordinario do Consorcio no que se aprobou a adquisición deste vehículo, valorado en case 800.000 euros, que se financiará a cargo dos orzamentos do organismo deste ano. Á reunión tamén asistiu o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo.
No encontro de hoxe aprobáronse ademais as condicións do convenio de colaboración entre o Consorcio e UNESPA para a contribución aos servizos de extinción de incendios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101