GALICIA
Feijóo afirma que Galicia seguirá sustentando o seu compromiso coa discapacidade
O presidente da Xunta participou na apertura da nova residencia de Aspronaga, Martín Pou, en Oleiros, unha obra que pon a disposición 15 novas prazas financiadas ao 100% pola Administración autonómica
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Galicia seguirá sustentando o seu compromiso coa discapacidade en feitos e con máis fondos ca nunca: 115 millóns de euros en 2020, para facer fronte ás necesidades das persoas con discapacidade e as súas familias e de cara á plena inclusión.
“Estamos a falar dun 77% máis do que investía o Executivo autonómico en discapacidade no ano 2009”, recordou, afirmando que a Xunta seguirá apoiando ás entidades, para que poidan prestar cada vez mellor o seu labor imprescindible; reforzando a rede galega de atención temperá, cuxo orzamento se incrementa en máis dun 45% no vindeiro ano; e contando cos fondos necesarios para levar á práctica o primeiro Decreto de concerto social de Galicia que permitirá axilizar e flexibilizar a creación de recursos públicos alá onde se necesiten, ademais de outorgar prioridade ás entidades sociais nos ámbitos onde teñen unha traxectoria que as avala.
Así mesmo, salientou que a Comunidade é unha das autonomías que máis aposta polas prestacións públicas de asistente persoal, ás que destina unha contía récord de ata 1.700 euros ao mes; incrementou un 25% máis nos últimos dez anos o número de prazas públicas de atención á discapacidade, ata chegar ás 5.400; e puxo en marcha o plan de rescate ás federacións de discapacidade, dotado con 3,6 millóns, para axudar a afrontar o impacto do novo convenio colectivo e para evitar máis de 400 despidos.
Salienta que a Comunidade é unha das autonomías que máis aposta polas prestacións públicas de asistente persoal, ás que destina unha contía récord de ata 1.700 euros ao mes
“E investimos 40 millóns de euros cada ano en emprego inclusivo”, engadiu, referíndose tamén ás dúas primeiras oposicións específicas de acceso á Administración para persoas con discapacidade intelectual e á primeira convocatoria do Sergas con 30 prazas de celador.
Durante o acto de apertura da nova residencia de Aspronaga, Martín Pou, en Oleiros, Feijóo aseverou que esta nova infraestrutura pon a disposición 15 novas prazas financiadas ao 100% pola Xunta. E agradeceu a implicación da Fundación Amancio Ortega que destinou 1,5 millóns para a construción deste edificio, que combina comodidade, modernidade e funcionalidade, así como o labor de Aspronaga, unha das maiores entidades de atención á discapacidade intelectual da comunidade, e das 70 persoas voluntarias que colaboran coa entidade.
O presidente do Executivo galego salientou que esta asociación, que presta servizo a máis de 300 persoas, foron pioneiros en moitos sentidos: en ser a primeira entidade deste ámbito inscrita no Rexistro de Asociación de toda Galicia; en apostar pola educación especial, axeitada ás características de cada un, coa apertura hai 55 anos do colexio Nosa Señora de Lourdes; e en ofrecer ás persoas con discapacidade alternativas de lecer e formación para desenvolverse profesionalmente.
Feijóo concluíu resaltando o inmenso traballo que desenvolven as entidades de atención á discapacidade para loitar contra a sobreprotección e a condescendencia, e para loitar contra o desleixo e a despreocupación, xa que moitas persoas con discapacidade teñen necesidades específicas de apoio ás que é necesario facer fronte. E incidiu na importancia de seguir sumando os compromisos da sociedade civil e das Administracións públicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44