VIGO
Arranca a campaña de Nadal de apoio ao comercio de barrio da Xunta
Ata sete distritos contarán cunha destas instalacións na que os nenos e nenas vigueses poderán fotografarse cos Reis Magos ata o vindeiro 4 de xaneiro
A delegada territorial, Corina Porro, xunto co xerente da Asociación de Comerciantes de Teis, Roberto Giráldez, inauguraron onte no mercado de Teis o photocall que da arranque á campaña de Nadal de apoio e promoción ao comercio de barrio da Xunta de Galicia en Vigo.
Unha nova iniciativa que parte da Delegación Territorial de Vigo e coa que se pretende, en palabras de Corina Porro, pór en valor o comercio de proximidade e a súa importancia nos barrios. “Presentamos unha campaña coa que queremos animar a todos os vigueses a comprar nos comercios dos seus barrios”, apuntou.
Ata sete distritos estrearon hoxe o seu photocall co obxectivo de que os nenos e nenas vigueses que viven nestas zonas podan fotografarse cos Reis Magos; Bouzas, Pereiró, Xeral, Torrecedeira, Navia, Teis e Travesas.
O obxectivo desta iniciativa, en palabras da delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, é pór en valor o comercio de proximidade e a súa importancia nos barrios
Asemade, desde mediados de decembro e ata o 4 de xaneiro, os establecementos participantes sortearán entre os seus clientes 25 cestas cos produtos máis representativos da gastronomía galega, grazas á achega da Consellería do Medio Rural e á colaboración de Terras Gauda. “Cumprimos así unha dobre función, incentivar o consumo nos comercios de proximidade ao tempo no que promocionamos os mellores produtos da nosa gastronomía”, sinalou a representante autonómica.
Por outra banda, Corina Porro recordou que as asociacións de comerciantes contarán cun espazo propio no marco do Nadal Solidario que a Xunta impulsa este ano no Tinglado do Porto entre o 16 de decembro e o 4 de xaneiro. Segundo explicou a delegada, será un punto de encontro, non de venta, no que os comerciantes poderán facer promoción dos seus establecementos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126