Mos
600 persoas acompañan a Nidia Arévalo e ao Comité Local dos populares mosenses na cea de Nadal
Onte a noite unhas 600 persoas, segundo a organización, asistiron á tradicional cea de Nadal do PP de Mos que se celebrou no Pavillón Óscar Pereiro. O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e Ana Pastor, xunto con outros importantes cargos do partido a nivel provincial e autonómico, atopáronse entre ese máis de medio milleiro de comensais que arrouparon hoxe á alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e ao Comité Local dos populares de Mos.
Cada edición deste entrañable encontro navideño, reúne a centos de militantes e simpatizantes do PP.
Arévalo e o presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, agradeceron a tódolos asistentes a esta cea de Nadal o esforzo e a colaboración realizados para participar, así como a súa agradable compaña durante a cea.
![[Img #58844]](https://xornal21.com/upload/images/12_2019/3576_cea-pp-mos-2.jpg)
Durante a súa intervención a rexedora local mosense destacou que “o meu principal obxectivo é a defensa de Mos por riba de todo, a entrega total a Mos, por iso aquí estarei cada segundo desta lexislatura que comeza traballando polos meus veciños”. Nidia Arévalo declarou que “me sinto inmensamente agradecida co meu querido Mos, cos seus 15.000 habitantes, polos resultados das pasadas eleccións municipais que me situaron como alcaldesa de novo con maioría absoluta; pero sobre todo teño que darvos as grazas a vos, ós 600 que estades aquí e que sempre estades ao meu carón, sodes o motor do Partido Popular de Mos e sen vós nada disto sería posible: sodes imprescindibles”. A alcaldesa de Mos destacou tamén a figura do presidente Feijóo como “o mellor presidente autonómico que tivo e terá Galicia, un presidente con maiúsculas” e pediulle que volva a presentarse ás vindeiras eleccións autonómicas “porque Galicia precísate e eu precísote tamén para levar a Mos ao máis alto”, dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58