Sábado, 04 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 16 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Esta semana remata o programa “Depo en Marcha 2019”

Os cursos, que buscan favorecer o avellentamento activo, desenvolvéronse en vinte e dous concellos da provincia de Pontevedra

Un total de 944 persoas finalizarán esta próxima semana 49 obradoiros enmarcados no programa “Depo en Marcha 2019” que se estaban levando a cabo en vinte e dous concellos da provincia. Este programa está organizado pola Deputación de Pontevedra e ten como obxectivo principal promover o avellentamento activo da poboación.

 

Este luns 16 de decembro en Vigo os membros da Asociación da Terceira Idade Nevox finalizarán un curso de “Risoterapia” e a Asociación Amigos de los Pazos fará o mesmo cun obradoiro titulado “Conservando a memoria”. Ademais, finalizarase tamén o taller de “Conservas artesanais” levado a cabo pola Asociación Cultural do Viso de Redondela e o de “Panadería e repostería” da Asociación Artístico-Cultural de Gulans-Ponteareas. Tamén clausuraranse varios cursos. Tres talleres de “Cestería”, nos que participaron persoas da Asociación Veciñal Socio-Cultural e Deportiva e da Asociación de Veciños del Barrio de la Feria en Cabral de Vigo así como da Asociación Cultural Tralovalo de Soutomaior. Tamén dous cursos de “Risoterapia”, que se estaban a levar a cabo polo Círculo Cultural Recreativo de Cesantes de Redondela e pola Fundación Lar Pro Salud Mental Vilagarcía, e dous titulados “Conservando a memoria”, que foron impartidos a membros da Asociación de Veciños de Beade de Vigo e da Asociación Recreativa e Cultural de Guizan de Mos.

 

Do mesmo xeito, en Vigo tamén rematan os cursos de “Traballos manuais variados”, ao que acudían persoas da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, “Ximnasia de mantemento”, que contaba con participantes da Asociación de Veciños de Coruxo de Vigo, e “Aerodance”, levado a cabo pola Asociación Fibromálgica de Pontevedra.

Igualmente se clausurarán dous cursos de “Bailes de Salón”, realizados polo Centro Social do Concello de Poio e pola Asociación de Veciños Barrio Nerga de Cangas, “Arte con flores”, da Asociación Cultural Nespereira de Pazos de Bordén, e “Conservas artesanais”, da Asociación Cultural e Social Castro Barreiro.

 

O mércores 18 rematarán dous cursos titulados “Conservando a memoria”, un deles levado a cabo pola Asociación Mulleres Rurais de Castrelo “A Saiñas” de Cambados e o outro pola Asociación de Vecinos San Benito de Romariz-Soutomaior, así como un de “Bailes de salón”, da Asociación O Can de San Roque de Forcarei, e un de “Pilates”, ao que acudían membros da Asociación Veciñal e Cultural de Moreira de Soutomaior. Amais, en Vigo clausuraranse dous cursos, un deles de “Risoterapia” e outro de “Panadería e repostería”, levados a cabo pola Asociación de Jubilados y Pensionsitas Vila Galicia e pola Asociación Veciñal de Consumidores e Usuarios e Cultural “Emilio Crespo” respectivamente. Por último, o día 18 tamén rematarán os cursos “Internet, correo electrónico e manexo do móbil”, impartido na Asociación de Veciños San Juan de Meaño, “Tapiñas e petiscos”, ao que acudían persoas da Asociación de Veciños Escola da Feira de Salceda de Caselas, e “Cociña galega”, levado a cabo pola Asociación Amigos de Campolongo de Pontevedra.

 

Pola súa banda, xoves se clausuran cursos deste “Depo en marcha 2019”. Este día será a quenda de cinco obradoiros de “Internet, correo electrónico e manexo do móbil” impartidos a membros da Asociación de Jubilados y Pensionistas de Salceda, Asociación de Maiores de Mondariz, Agrupación Cultural Xunco de Salceda de Caselas, Asociación de Vecinos San Esteban de Oca da Estrada e Centro Sociocomunitario de Vigo. Tamén rematarán os cursos de “Ximnasia de mantemento”, no que participaban membros da Asociación de Xubilados e Pensionistas San Estevo de Noalla de Sanxenxo, “Traballos manuais variados”, ao que acudían persoas da Asociación de Mulleres Rurais A Lagoa do Grove, e “Cociña galega”, que reunía a membros da Asociación Cultural Xeada de Vilagarcía de Arousa.

 

Do mesmo xeito, porase fin aos cursos de “Pilates”, no que participaban persoas da Agrupación Cultural Deportiva Chan do Monte de Pontevedra, e “Panadería e repostería”, da Asociación Cultural Deportiva Cidadelle de Redondela.  Ademais, en Vigo rematarán os obradoiros de “Conservando a memoria”, da Asociación Tercera Edad Quiñones de León, “Cestería”, da Asociación de la Tercera Edad Garatuxa de As Nosas Rúas, e “Musicoterapia”, do centro sociocomunitario de Teis. Chegado o próximo venres 20 finalizaranse dous cursos de “Ximnasia de mantemento”, un deles levado a cabo polo Club de Pensionistas Santa Cristina de Cobres de Vilaboa e o outro pola Asociación Cultural San Roque de Morgadanes Gondomar, e outros dous de “Internet, correo electrónico e manexo do móbil”, nos que participaban membros da Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras de Mos e da Asociación Veciñal Deportiva Cultural A Miñoteira de Redondela.

 

O mesmo día, clausurarase un curso de “Pandeireta e canto popular”, ao que acudían persoas da Asociación Cultural Pandereteiras As Choqueiras de Redondela. Ademais, en Vigo clausuraranse os cursos de “Informática. Inciación” e “Elaboración de xabóns”, nos que participaban membros da Asociación de Vecinos As Fontes de Lavadores de Vigo e da Asociación de Vecinos Fonte de Galo Vigo Centro respectivamente. Xa na fin de semana, o  sábado 21 rematarán os cursos de “Musicoterapia”, coa Asociación Cultural Laxe das Cruces de Tourón de Ponte Caldelas, e “Ximnasia de mantemento”, ao que acudían membros da Asociación Veciños e Amigos Santiago de Caroi de Cotobade.

 

Os principais obxectivos do programa “Depo en Marcha” son favorecer o envellecemento activo, optimizar as oportunidades de saúde, participación e seguridade, mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecer relacións sociais e favorecer a participación en actividades que melloren o seu estado anímico, así como potenciar movementos de participación e cooperación social, promover espazos de encontro e impulsar a independencia das e dos maiores para evitar o illamento e as situacións de soidade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.