Deportes
O Club Baloncesto Seis do Nadal presenta a nova tempada
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación oficial da tempada 2019-2020 do Club Baloncesto Seis do Nadal. No acto celebrado no pavillón de Navia destacou a capacidade do Colexio Público de “fomentar a actividade educativa, social e deportiva do barrio de Coia, da súa contorna e tamén de todo Vigo” desde a súa entrada en funcionamento en setembro de 1982.
![[Img #58857]](https://xornal21.com/upload/images/12_2019/4630_seis-do-nadal-1.jpg)
Neste sentido, o mandatario galego recoñeceu a importancia da sección de baloncesto á que definiu como “o baluarte e a gran experiencia educativa” do Seis do Nadal e puxo en valor os 27 equipos federados (15 masculinos e 12 femininos), as 10 escolas municipais e os 700 deportistas que forman parte do Club Baloncesto.
O responsable da carteira de Deporte identificou a historia do colexio e do club con valores como “o sacrificio, o espírito de loita e a constancia de moita xente vogando xuntos nunha mesma dirección: a do deporte base como piar fundamental na constitución dun deporte galego sólido, competente e con futuro”.
![[Img #58855]](https://xornal21.com/upload/images/12_2019/6909_seis-do-nadal-3.jpg)
Do mesmo xeito describiu as primeiras actividades deportivas desenvolvidas polo Seis do Nadal nos anos 80 (ximnasia rítmica, voleibol, tenis, xadrez, baloncesto, balonmán, atletismo ou judo) como un dos primeiros Programas Xogade como o que desenvolve hoxe en día o Goberno galego e que achega deporte a 130.000 nenos e nenas de toda Galicia. “Dende sempre a educación e o deporte e a actividade física foron da man, porque os seus valores son os valores da vida”, sentenciou.
Cara a fin do seu discurso, Lete Lasa lembrou que a Secretaría Xeral para o Deporte concedeulle o Premio do Deporte Galego 2013 á mellor entidade na promoción do deporte base e falou da colaboración que a Xunta realiza ano tras ano nos proxectos do Seis do Nadal. Cómpre lembrar que neste ano 2019, a Secretaría Xeral para o Deporte financiou as obras e arranxos nos vestiarios do colexio Seis do Nadal, xa rematadas, cun orzamento total de preto de 30.000 euros (27.200,13 euros).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163