Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 17 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

Case 1.000 mulleres rematan esta semana o programa “Conectadas”

Os obradoiros de igualdade da Deputación foron desenvolvidos en 28 concellos da provincia

O programa da Deputación de Pontevedra “Conectadas 2019” leva dende finais do mes de agosto poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Así, durante esta terceira semana de decembro poñerase fin a un total de 54 obradoiros nos que participaron un total de 956 mulleres e que foron realizados nos concellos de Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, Gondomar, Lalín, Marín, Meis, Mondariz, Mos, Nigrán, Oia, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Silleda, Tui, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

 

O mércores 18 remata en Baiona o curso “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, que contou con participantes da Asociación de Amas de Casa de Baiona e en Barro, a Asociación Peñaflor remata o martes o obradoiro “Iniciación ó Patchwork”. Bueu, acolleu dous cursos, o de Teatro que remata o mércores e contou con inscritas da Asociación de Mulleres Rurais Mar e Agro. O de Risoterapia, ó que acudiron integrantes da Asociación Española Contra el Cáncer, remata o xoves.

 

En Cambados, integrantes da Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corvillón rematan o xoves o curso de “Horta Ecolóxica”. Tamén rematará en Cangas o obradoiro “Xardinería”, que contou con participantes da Asociación Cultural O Gato. E participantes da Asociación de Mulleres Rurais Ascuas de Catoira rematan o sábado a acción formativa “Iniciación ó scrapbooking”. En A Estrada finalizan catro cursos do programa Conectadas. Deste xeito, o 16 de decembron“Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, que contou con mulleres da Asociación de Mulleres Rurais de Paradela. O mesmo obradoiro tamén se desenvolveu con integrantes da Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois, sendo a data de finalización deste curso o mércores 18. O 20 de decembro, mulleres da Asociación de Veciños de Frades rematarán “Mantemento do fogar e xestión doméstica”. Por último, o día 17 rematará “Xardinería”, que contou con integrantes da Asociación de Consumidores y Amas de Casa de A Estrada.

 

En Gondomar, veciñas da Asociación Veciñal Ponte de Mañufe participaron no obradoiro “Conservación de alimentos, conservas artesanais”, que rematará o martes.

 

En Marín, mulleres da Asociación Intercambio do Saber rematarán o 20 de decembro “Risoterapia”, mentres que outras darán por finalizado o día 19 o obradoiro “Mindfulness”. En Meis, a Asociación de Mulleres Rurais Nogueira rematarán a acción formativa “Horta ecolóxica”. Tamén en Meis, persoas da Asociación de Mulleres Rurais O Marco de San Salvador finalizan “Conservación de alimentos, conservas artesanais”. A Asociación Cultural Cantareiras Pedraquetiña de Toutón rematará en Mondariz o obradoiro “Pilates” o día 19. O mesmo obradoiro rematará tamén o día 18 para mulleres da Asociación Recreativa e Cultural de Guizán, en Mos, e o día 19 a Asociación Centro Cultural Recreativo Parada, en Nigrán. Alí tamén remata o mércores o curso “Alfabetización Dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta“.

 

En Oia fechan dous obradoiros: “Iniciación á costura”, e “Xardinería”. En Ponteareas, son cinco os cursos que rematan esta semana: “Risoterapia”, que remata o luns; “Pilates”, que remata o xoves; “Iniciación ó Patchwork”, que tamén remata o luns 16; “Conservación de alimentos, conservas artesanais”, que finaliza o venres; e, finalmente, “Iniciación á costura”, cuxa data de finalización é o mércores 18. En Pontevedra fechan os obradoros “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, e “Artesanía en coiro”; En O Porriño, mulleres do Círculo Recreativo Cultural finalizan o xoves a acción formativa “Ioga”. Ademais, en Redondela rematan os cursos “Horta ecolóxica“, e “Relaxación e manexo do estrés”, no que participaron mulleres da Cofradía de Pescadores San Xoán.

 

En Salceda de Caselas rematará o xoves 19 o obradoiro “Coidados, dependencia II”, impartido a mulleres da Asociación de Vecinos Caselas. Así, en Sanxenxo finalizarán tres cursos: “Cociña e alimentación. Hábitos Saudables”; “Conservación de alimentos. Conservas artesanais”; e, por último, “Alfabetización Dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta...”, que rematará o xoves. En Silleda fecharanse tamén tres cursos: “Alfabetización Dixital II: Internet, correo electrónico, manexo da tableta...”, que rematará o 21, e “Ximnasia de Mantemento”, que tivo dúas edicións, unha que rematará o mércores 18 e que contou coa presenza de mulleres da Asociación Veciñal Cultural de Cortegada e outra que finalizará o luns 16 e que contou con mulleres da Asociación de Dornelas. Ademais, mulleres da Asociación Cultural San Fins de Rebordanes, en Tui, finalizan o xoves 19 o curso “Fotografía. Edición”.

 

Así, en Vigo rematarán durante a semana seis cursos impartidos a 110 mulleres dentro do programa Conectadas. Estes obradoiros foron “Pintura”, que contou con persoas do Centro Recreativo y Cultural de Cabral e que rematará o martes 17; “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, que rematará o martes 17 e contou coa presenza de integrantes da Asociación de Vecinos del Barrio de la Feria; “Ximnasia de mantemento”, que finaliza o mércores 18 con participantes da Asociación de Vecinos San Roque; Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, impartido a persoas da Asociación Veciñal Cultural Recreativa San Mamede de Zamáns e a mulleres da Asociación Lúa de Bembrive; e, finalmente, “Sendeirismo, coa Asociación Nós Mesmas.

 

Por outra banda, integrantes da Asociación de Mulleres Rurais Brincadeira, en Vila de Cruces, finalizan o luns 16 o obradoiro “Pilates”. Ademais, en Vilaboa remata o mércores 18 ”Iniciación á costura”, que contou con participantes da Asociación de Mulleres Rurais Boa Vila, e tamén “Iniciación ó Parchwork, ó que acudiron mulleres da Asociación de Vecinos Santa Cristina. Por último, en Vilagarcía rematarán dúas accións formativas durante a semana. A primeira delas, “Conservación de alimentos, conservas artesanais”, finaliza o mércores 18 de decembro e contou coa presenza de  integrantes da Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa. A segunda, “Cociña e alimentación. Hábitos saudables”, fecharase o venres 20 de decembro e contou con mulleres da Asociación O Magnolio. Finalmente, o día 18 rematará ese obradoiro para 17 persoas da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo Vilanova, no concello de Vilanova de Arousa.

 

“Conectadas 2019” é un programa provincial que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para empoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. Amais, esta iniciativa busca favorecer as relacións interpersoais e intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, así como reducir a brecha dixital.  Está dirixido a asociacións, federacións e fundacións que traballan para a promoción das mulleres, o seu desenvolvemento, o empoderamento feminino e a consecución da igualdade entre mulleres e homes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.