Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 13:43:39 horas

Xornal21.es
Jueves, 19 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A San Silvestre tratará de recadar "toda a axuda posible"

No primeiro día de inscrición xa son 200 persoas as que se anotaron

Como cada ano a lona da carreira solidaria San Silvestre recibe ás e aos que chegan a Ponteareas na entrada da avenida de Galicia. O vindeiro 31 de decembro a cidadanía volverá xuntarse para facer deporte e para amosar que un gran de area pódese converter en toneladas de axuda para o centro de reparto de alimentos de Ponteareas.


O ano pasado recadaron unha tonelada e media de alimentos e este ano a meta, non é só a liña que deben cruzar na praza Maior, será superar a cantidade de axuda que estamos dispostos/as a aportar.


Os Taninos Runners abriron onte o prazo de inscrición na súa páxina web, https://www.taninosponteareas.com/ e xa son máis de douscentos os que se inscribiron. A organización dispón de 750 prazas para adultos que sairán ás 17:30 horas dende a praza Maior para realizar un percorrido urbano que este ano chegará ata a rotonda dos bombeiros. Duas voltas que farán un total de cinco quilómetros.


Os e as máis pequenas dos fogares ponteareáns correran na praza Maior repartidos en tres categorías e entre todos eles e elas a organización repartirá agasallos sorpresa.


En colaboración co concello de Ponteareas, a través da concellería de Deportes, Taninos Runners organiza cada ano esta proba deportiva de inscrión gratuíta que recollerá alimentos e produtos de hixiene para o centro de reparto de alimentos local a partir das 15:30 horas na carpa da praza Maior.


Taninos Runners quere recordar a toda a cidadanía que tamén se poden achegar produtos de alimentación aptos para celíacos e dende o centro de reparto de alimentos recordan que son necesarias leites e cereais para bebés, aceite de oliva e todo tipo de legumes e veduras en conserva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.