Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 16 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG levará ao Parlamento a modificación do PXOM

O Grupo Parlamentar do BNG considera que "o procedemento seguido é un exemplo de libro do uso das institucións para favorecer a unha empresa privada"

O BNG trasladará ao Parlamento Galego este mércores, 18 de decembro, "a loita para frear a modificación puntual do PXOM de Mos coa que se pretende legalizar a construción dunha cidade deportiva e un centro comercial nos montes de Pereiras e Tameiga". O Grupo Parlamentar do BNG rexistrou varias preguntas dirixidas á Xunta de Galiza sobre o procedemento seguido para aprobar este documento, que é cualificado no escrito asinado polas deputadas e deputados nacionalistas coma “un exemplo de libro de desvío de poder e uso das institucións para favorecer o interese privado sobre o público”.

 

"O goberno de Feijóo debera xustificar no pleno a súa posición ante unha operación urbanística que ameaza con arrasar case un millón de metros cadrados de solo rústico, gran parte deles de protección forestal. Entre outras cuestións, a Xunta de Galicia debe aclarar se considera xustificada a declaración de utilidade pública para un proxecto privado que ten unha clara intencionalidade lucrativa" sinalan os nacionalistas mosenses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.