Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 16 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
VIGO

Deputación confirma o cheo en Vigo na ponte con máis do 90% de ocupación hoteleira

O efecto do alumeado de Nadal encheu os hoteis da cidade con porcentaxes de case o 100% e un efecto rebote no Morrazo e no Val Miñor, onde se superou o 90%

O estudo estatístico elaborado pola Deputación de Pontevedra confirmou que a pasada ponte da Constitución acadou na cidade de Vigo e en toda a comarca uns resultados “espectaculares”, como así os cualificou hoxe a presidenta Carmela Silva. O efecto do alumeado de Nadal encheu na práctica os hoteis da cidade, que chegaron ao cheo total nos establecementos hoteleiros e vivendas turísticas, e provocou un efecto rebote nas comarcas do Morrazo, onde se chegou ao 92% en establecementos hoteleiros e ao 85 en casas de turismo rural, en concellos do Val Miñor como Baiona, onde se rozou o 90%, ou na zona do Baixo Miño con preto d0 80%

 

No caso da provincia, a ocupación foi do 74,1%, 12 puntos máis que o acadado nas mesmas datas do 2018. Deste xeito, por comarcas, O Salnés acadou un 79%, na comarca de Pontevedra o 75% (o 77% na cidade), 65%no Deza-Terra de Montes e o 59% no Condado e A Paradanta.

 

 

 

 

Na provincia os datos foron 12,1 puntos por riba do acadado na mesma ponte do 2018 e de 16 puntos no caso do turismo rural

 

 

 

 

En canto ao turismo rural, a ocupación chegou ao 54% o que supón 16 puntos máis que o acadado durante a mesma ponte do ano 2018. Neste eido, a comarca de Pontevedra superou o 76%, as do Condado e da Paradanta o 56%, a comarca de Vigo o 55%, O Salnés o 42%, Deza e Terra de Montes o 37,5% e a comarca de Caldas o 30%. No que respecta aos albergues a ocupación superou o 39,2%; cunha elevada porcentaxe en Vigo, cun 65%; seguido de Deza e Terra de Montes, que superaron o 63,3%; Pontevedra, O Salnés e O Morrazo, que chegaron ao 37%; Caldas e O Baixo Miño e O Condado e A Paradanta que se situaron preto do 20%. Finalmente as vivendas turísticas melloraron tamén a porcentaxe de ocupación con respecto á ponte da Constitución de 2018. Deste xeito, segundo AVITURGA, destinos como Vigo enchéronse na súa totalidade, a cidade de Pontevedra superou o 80% e Sanxenxo acadou o 72%.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.