Lunes, 08 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 26 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Montes de Torroso investirá máis de 400.000 € nun novo edificio

Entre as ideas aportadas por voz do presidente, Camilo Grandal, están a construcción dun albergue para peregrinos, un centro de día para persoas maiores ou unas pistas cubertas de padel.

A Comunidad de Montes de Torroso ven de celebrar unha asamblea extraordinaria na que se presentaron plans de inversións por valor de 180.000 euros que se executarán no exercicio actual, ademáis se valoraron obras por importe de 420.000 euros para 2020.

 

Para o que queda de ano aprobáronse plans de inversión por valor de 180.000 euros,  destinados fundamentalmente a novas construccións e a mercar un terreo particular.

 

Así acordouse ampliar o Centro Dotacional con catro novas aulas, que será utilizadas íntegramente polo Conservatorio de Música e que contarán cunha superficie total de 65m²,  cun custe estimado de 65.000 euros. Na compra dunha parcela de terreo rústico investiranse 32.000 € e pola construcción dun asadoiro exterior os comuneiros pagarán 28.500 €. A todo isto súmaselle uns 10.000 euros que, se estima, cobre o estudio de arquitectura contratado para realizar este proxecto.

 

As obras foron aprobadas por maioría aínda que oubo voces que se amosaron moi críticas polos custes de mantemento que terá que soportar no futuro a Comunidade de Montes de Torroso. Algúns mesmo se amosaron partidarios de investir máis na compra de terreos de monte e menos en edificios.

 

Para o vindeiro exercicio, dende a directiva de Montes de Torroso, volven a facer unha porposta basada na contrucción de novos edificios. Entre as ideas aportadas por voz do presidente, Camilo Grandal, contémplase  a construcción dun albergue para peregrinos, un centro de día para persoas maiores ou unas pistas cubertas de padel.

 

Houbo outras propostas coma unha piscina ao aire libre pero as ideas para o proxecto final quedaron pendientes  de que os comuneiros aporten máis ideas.

 

Neste punto volveror xurdir voces que lle recordaro a Grandal o problema de mantemento que supón a construcción de máis edificios deste tipo e os importantes gastos que elo conleva para o futuro da Comunidade de Montes de Torroso.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.