GALICIA
Conde chama "á igualdade e á responsabilidade empresarial"
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Ourense no Foro Anual polo Diálogo Transfronteirizo, centrado no sector téxtil
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou onte en Ourense no Foro Anual polo Diálogo Transfronteirizo, un encontro centrado no sector do téxtil, e que serviu para presentar os resultados do proxecto de Xeración de Emprego de Calidade Transfronteirizo (GEMCAT).
Este proxecto enmárcase no Programa de Cooperación Territorial Transfronteirizo para España Portugal 2014-2020, no que participan o goberno luso e varias Comunidades Autónomas –incluíndo Galicia-, e busca a cooperación institucional para desenvolver un mercado laboral baseado no crecemento intelixente, sostible e integrador. O obxectivo é coordinar e aproximar políticas públicas que permitan fomentar un emprego de calidade, implicando a autoridades, institucións e interlocutores sociais.
Conde salientou a vontade de colaboración co norte de Portugal en materia de modernización das relacións laborais para potenciar unha alianza estratéxica
Conde fixo fincapé na vontade de colaboración da Administración galega co norte de Portugal en materia de modernización das relacións laborais, potenciando unha alianza estratéxica co goberno luso que permita trasladar solucións de igualdade e sustentabilidade ao ámbito transfronteirizo, garantindo así melloras na competitividade.
Neste eido, o titular de Economía, Emprego e Industria salientou o Acordo polo Diálogo Social asinado a semana pasada pola Xunta, a Confederación de Empresarios e os sindicatos UGT e CCOO. Este acordo contempla a necesidade de inculcar medidas que fomenten a igualdade, a transformación dixital, a transición enerxética e a inclusión de cláusulas sociais para a contratación pública no tecido produtivo, de modo que garantan un compromiso común pola innovación e pola sustentabilidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44