Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 18 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Dous investigados no Porriño polo grave atropelo dun mozo

Policia Local do Porriño esclareceu o caso do conductor que fuxeu despois de atropelar a un mozo

No transcurso do día de hoxe, a Policía Local entregará no xuzgado de garda as dilixencias coa investigación rematada que esclareceu o suceso do conductor que se deu á fuga despois de atropelar e ferir gravemente a un mozo na noite do pasado xoves 12 na rúa Ramiranes, de Porriño.


Hai dous investigados por un presunto delito contra a seguridade vial. Tratase do conductor do turismo que provocou o atropelo e a nai deste mozo de 33 anos, ambos os dous vecinos de O Porriño. Onte á noite ambos acudiron a sede da Policía Local, acompañados dun abogado, para ter coñecemento de que estaban en condición de investigados por este feito.


Horas antes, onte ó redor das 15 horas, a Policía Local de O Porriño, despois dunha ardúa investigación, acadou localizar o vehículo implicado no suceso. Trátase de un Audi A3, gris prata. Presenta un forte impacto tanto no parabrisas e outros sinais do percance no frontal dereito e faltaballe unha peza da carcasa do foco dianteiro dese lado. Precisamente foi esa peza de plástico, localizada polos axentes que acudiron nun primeiro intre a atender o suceso, a que permitiu encamiñar a investigación da Policía Local.


Tan só contaban coa testemuña dun peón que declarou que o coche implicado era gris pero non foi quen de dar descripción de marca e modelo. Grazas a peza atopoada polos axentes da Policia Local no lugar dos feitos puido establecerse marca, modelo e posible ano de fabricación. A partires de ahí a Policia Local tivo que rastrear entre un milleiro de vehículos ata que onte localizou o turismo implicado no suceso.


Precisamente Lourdes Moure, concelleira de Seguridade ponderou “o excelente traballo de investigación realizado pola Policía Local de O Porriño que estaba a buscar unha agulla nun pallar, despois de establecer diversas liñas de investigación que incluiron talleres de reparación, desguaces e visionado de cámaras de seguridade perto do lugar dos feitos”.


Asimesmo a concelleira suliñou “a sensibilidade amosada pola Policía Local e polo seu Inspector Xefe que mantivo informada da evolución da investigación á familia da víctima do atropelo para tranquilizarlles”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.