MOS
Mos na Presentación Oficial do Percorrido de ‘La Vuelta 20’
A alcaldesa, Nidia Arévalo, xunto a Óscar Pereiro, asistiu ao acto celebrado onte en Madrid
Onte martes, 17 de decembro, ás 21.30 horas, celebrouse a Presentación Oficial do Percorrido de ‘La Vuelta 20’ no Hotel Madrid Marriott Auditorium, na que estivo presente a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co Director Xeral de ‘La Vuelta’, Javier Guillén, e o ciclista mosense, gañador dun Tour de Francia e Embaixador de ‘La Vuelta’, Óscar Pereiro; entre outras moitas autoridades.
Arévalo e Pereiro xa estiveron presentes tamén o pasado sábado 14 de decembro na presentación en Santiago de Compostela das etapas de ‘La Vuelta Ciclista España 2020’ que percorrerán Galicia e entre as que se atopa a que terá saída desde Mos o 3 de setembro do ano que vén.
![[Img #58940]](https://xornal21.com/upload/images/12_2019/9979_img-20191217-wa0003.jpg)
O Concello de Mos daba esta boa nova para o municipio o pasado 6 de decembro, data na que se abría a programación de Nadal do Concello de Mos co acto oficial de acendido do alumeado navideño na rotonda das Angustias en Sanguiñeda.
A saída de ‘La Vuelta Ciclista a España’ desde Mos será o 3 de setembro e a organización de ‘La Vuelta’ xunto co Concello están a estudar cal será a mellor ubicación para a saída
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou durante o evento navideño, no que tamén estivo acompañada por Óscar Pereiro “unha gran sorpresa, un gran agasallo, para todos os mosenses, que fará este acendido do alumeado de Nadal o máis especial e inesquecible da historia de Mos, porque contaremos en 2020 coa saída dunha etapa de ‘La Vuelta Ciclista a España’”.
O ano 2020 será especial para o municipio mosense porque por primeira vez na historia, ‘La Vuelta Ciclista a España’ sairá desde Mos, na única etapa que haberá na provincia de Pontevedra e unha das 3 etapas que haberá en Galicia. Este é o gran agasallo de Nadal do Concello de Mos e da súa alcaldesa para todas e todos os mosenses.
A etapa con saída desde Mos será número 18 e terá lugar o xoves 3 de setembro ás 13.00 horas, e desde o Concello de Mos e a organización de ‘La Vuelta’ estase a estudar cal será a ubicación exacta desde onde se producirá a saída.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58