Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 17:38:05 horas

Xornal21.es
Viernes, 20 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Calendario Galego de Ponteareas descobre "recunchos máxicos"

A concellería de Cultura convida ao acto de presentación este sábado ás 18 horas no salón de plenos da Casa do Concello

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida ao acto de presentación do Calendario Galego de Ponteareas este sábado día 21 ás 18 horas no salón de plenos da Casa do Concello.


O Calendario Galego de Ponteareas é froito da escolma fotográfica realizada polo xurado do concurso de fotografía convocado para o deseño deste calendario que nos acompañará ao longo do ano 2020.


Trece fotógrafas/os agasallan nas páxinas do calendario un total de 17 fotografías a todos e a todas nós para nos lembrar que Ponteareas agocha recunchos máxicos e fermosos ocultos debaixo da nosa misteriosa néboa ou nas frondosas beiras dos nosos ríos.


O Calendario Galego de Ponteareas para o 2020 non só nos descobre a beleza da nosa paisaxe e a importancia do noso patrimonio, ademais quere render homenaxe ás e aos músicos da nosa vila que a través das distintas agrupacións, coros e grupos levan o noso nome por todo o mundo e en cada evento no que participan dentro do noso concello e fóra.


A partir do sábado o calendario estará a disposición da cidadanía na casa do concello, na biblioteca municipal sita na Perillana e nas casas e centros culturais parroquias.


Fernando Groba explica que o Calendario Galego de Ponteareas recordará durante todo o ano a importancia da nosa bagaxe cultural.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.