Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 26 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán lanza unha campaña de recollida e replantación de árbores de Nadal

As familias que empregaran unha árbore natural como decoración poderán entregala en calqueras dos colexios públicos de Nigrán entre os días 8, 9 e 10 de xaneiro

O Concello de Nigrán presentou no CEIP A Cruz (Camos) a súa primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal para a súa posterior replantación co obxectivo, ao  mesmo tempo, de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Esta iniciativa, pioneira na comarca, terá como resultado un novo bosque de abetos e pinos no espazo público do parque de Poutón (Vilariño). Alí, escolares e usuarios do Juan María realizarán a reforestación o luns 13 de xaneiro (no caso de resultar demasiadas árbores tamén se replantarán nalgunha das zonas de monte comunal queimadas nos incendios de 2017).

 

Baixo este criterio, o Concello implicou aos colexios públicos (CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares, A Cruz , Arquitecto Palacios e CEE Juan María) como punto de recollida dos exemplares entre os días 8, 9 e 10 de xaneiro en horario escolar, a maiores, o viveiro Figueragro (Avda. Ramallosa, 107) tamén se sumou como lugar de entrega e de asesoramento técnico. Na campaña colaborarán as concesionarias CESPA trasladando os exemplares, Brocoli (adxudicataria da conservación e reposición de zonas verdes) na plantación e poda e Aqualia no rego empregando só auga dos tanques de tormenta de Porto do Molle, o que permitirá a súa reutilización. Deste xeito, o Concello desenvolve unha iniciativa de economía circular contemplada na Axenda 2030 para acadar os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible a través das alianzas.

 

"Trátase dunha campaña do Concello de Nigrán na que tamén implicamos a empresas e cidadanía en xeral porque o obxectivo non é só crear un bosque, ímos máis alá, buscamos a concienciación ambiental, difundir a reutilización e, en definitiva, a sostibilidade", defende o alcalde, Juan González, quen preside o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que, entre outras cuestións, promove intensamente na política local a Axenda 2030.

 

O Concello agarda recibir entre 60 e 100 árbores e insiste en que se trata de recollida de árbores naturais en bo estado para a súa replantación, non se recollen ramas, exemplares cortados ou secos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.