Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 20 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva na Illa: “a sustentabilidade non é un reto, é unha oportunidade para o sector turístico”

A presidenta da Deputación participou na inauguración da xornada do Clúster de Turismo onde subliñou que “xa non é posible construír actividades humanas se non se fai baixo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable”

A presidenta da Deputación de Pontevedra inaugurou, xunto ao alcalde da Illa de Arousa Carlos Iglesias, a directora de turismo, Nava Castro, e ao presidente do Clúster de Turismo Cesáreo González, a xornada “Principios de sustentabilidade para un novo turismo” onde afirmou que “a sustentabilidade non é un reto, é unha oportunidade para o sector turístico”. Carmela Silva destacou que “xa non é posible construír actividades humanas se non se fai baixo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que temos que cumprir”.

 

“O sector turístico está facendo un enorme esforzo por ter en conta os ODS e entende que se trata dunha oportunidade de desenvolvemento, máis tendo en conta que vivimos nun lugar que é un paraíso”, enxalzou a presidenta provincial.  Neste aspecto, Silva destacou que a Deputación de Pontevedra forma parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, impulsada polo Goberno de España, “xa que queremos apostar por un modelo turístico novo, pola intelixencia humana posta do lado dun sector produtivo potentísimo como é o turismo. Un turismo que defenda as nosas sinais de identidade, a nosa natureza, o medio ambiente e aliñado cos ODS que, por certo, será a única forma de que a economía, o crecemento económico e a creación de riqueza teña futuro”.

 

Carmela Silva aproveitou a ocasión para detallar a riqueza natural e paisaxística da provincia, a enogastronomía, as bondades da súa climatoloxía e o patrimonio histórico e cultural que ten, “moi propio, autóctono e diferente”.  Xunto aos recursos turísticos, a presidenta da Deputación deixou claro que “non queremos masificar a nosa terra, queremos un turismo cualificado que, por certo vai unido a unha alta capacidade adquisitiva. Falamos de xente que quere coñecer o territorio e formar parte das nosas vidas, que chega ata aquí con outra mirada e que cando se vai fala sempre ben de nós”. Tamén destacou Silva o papel da cidadanía da provincia, tanto pola acollida que fan ás persoas turistas como pola súa capacidade para impulsar proxectos turísticos. “A nosa xente é o mellor que temos. Xente que abre as portas e fai sentir ás e aos turistas como no seu fogar. Pero tamén xente dinámica e creativa, que está poñendo en marcha moitas empresas e negocios turísticos ligados con outra mirada, ligados á sustentabilidade”. Neste eido Silva aproveitou para enxalzar ao goberno local da Illa de Arousa, “paraíso sostible”, que “aposta pola sustentabilidade e hoxe xa é unha referencia en grandes proxectos a nivel europeo ligados a manter o noso territorio”.

 

Na xornada “Principios de sustentabilidade para un novo turismo”, celebrada na Illa de Arousa, participaron diferentes ponentes que están a abordar cuestións relacionadas coas accións para impulsar a sustentabilidade turística, a recuperación e conservación do patrimonio, aloxamentos turísticos diferenciados e experiencias de turismo sostible.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.