Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 21 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Recepción no Concello de Mos ao Campión Galego de Fullcontact, Alberto Simón

O mosense fíxose con dous campionatos galegos en dous meses

Esta semana celebrouse no Concello de Mos a recepción ao deportista mosense Alberto Simón, en recoñecemento polo título de Campión Galego de Fullcontact, acadado o pasado 30 de novembro. Simón acudiu acompañado por Juan Alonso, seu adestrador e do clube Kick Boxing Mos, ao acto homenaxe no que estiveron presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde de Mos, demais membros do equipo de goberno local e demais membros da Corporación Municipal.

 

[Img #59050]O seu adestrador, Juan Alonso, define a Alberto como “un mozo moi disciplinado” e está convencido de que “seguirá cultivando títulos”.

 

Alberto, con tan só 20 anos, erixiuse novo Campión Galego de Fullcontact no Concello de Miño, en A Coruña, o sábado 30 de novembro.

 

Alí o púxil mosense, adestrado por Juan Alonso, disputou a final do Campionato Galego de Fullcontact contra Arias Maira. Alberto gañou o combate por decisión unánime dos xuíces, e puido facerse así co tan ansiado Cinto de Campión Galego.

 

Alberto Simón está en racha logrando dous títulos de Campión Galego e 1 de Subcampión en pouco máis de dous meses. Xa que, cabe destacar, que o 21 de setembro conseguía outro título galego na modalidade de Kickboxing, e un subcampionato galego na modalidade de K1.

 

O sábado 21 do mes de setembro Alberto Simón conseguiu vencer ao púxil Erik Saúl do ximnasio Simón de Vigo, erixíndose Campión Galego de Kickboxing (lowkick).

 

Tamén naquela ocasión o Campionato Galego de Kickboxing tivo lugar no Concello de Miño (A Coruña). Tras tres duros asaltos, o púxil mosense alzouse coa vitoria.

 

O clube no que compite Alberto Simón e que é adestrado por Juan Alonso, Kick Boxing Mos, é un dos poucos clubes de Galicia que compiten en todas as modalidades: Kickboxing, K1, Full Contact e Muaythai. Nesta última non podendo disputar as finais por non ter rivais no seu peso. O equipo mosense adestra no ximnasio Jovhen Sport do Porriño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.