GALICIA
A Xunta recoñece o traballo de tres centros pontevedreses no concurso Eduemprende Idea
Os conselleiros de Educación e Economía presidiron hoxe a entrega dos galardóns
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron hoxe a entrega dos premios do concurso Eduemprende Idea 2019, un certame que ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
A conselleira de Educación deulles os parabéns tanto ao alumnado participante como ao gañador deste certame polo seu espírito emprendedor, moi valioso na sociedade actual, na que “o talento e as ideas son o que marca a diferenza, o máis importante”.
“Está mañá estades aquí algúns dos mellores expoñentes galegos do espírito emprendedor, motor do crecemento da economía e que favorece, tamén, a cohesión social ao contribuír non só ao voso desenvolvemento persoal, senón a darvos a oportunidade de mellorar a vosa empregabilidade en calquera ámbito ou situación”, destacou, lembrando que “outras persoas estiveron neste mesmo lugar, con proxectos premiados dos que algúns son hoxe empresas en funcionamento”.
Pomar sinalou que este certame naceu no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia (Eduemprende) co obxectivo de implantar a cultura emprendedora na comunidade educativa. “Foi, ao tempo, unha resposta ás necesidades da sociedade e aos cambios na concepción dos procesos de ensino e aprendizaxe, para reforzar os vínculos entre educación, empresa, investigación e innovación”, explicou.
Pola súa banda o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que a Galicia do futuro será tamén a Galicia máis preparada, apuntando que os emprendedores xogarán un papel clave, xa que, grazas ao seu esforzo o tecido empresarial galego se reforza e medra.
Conde fixo fincapé en que a educación se converte no vehículo idóneo para implantar a cultura do emprendemento non só entre os máis novos durante a etapa de formación, senón tamén no mercado laboral entre os profesionais, mellorando a súa cualificación para asegurar un rendemento máis elevado. Apuntou que Galicia se encamiña na boa dirección para asegurar o benestar dos seus emprendedores, e así, ata 3.436 novas empresas se crearon este ano na Comunidade. Ademais, segundo o informe GEM, o emprendemento de menores de 40 anos supón o 24% do total.
Nestes premios recoñeceuse o traballo de estudantes de tres centros educativos da provincia da Pontevedra, en concreto os reflectidos na seguinte táboa:
Premio
Centro
Proxecto
Autoría
2º modalidade B
IES Montecelo (Pontevedra)
Luscofusco The Braille's T-Shirts
Iria García Viñas
Thalia Diego Martínez
3º modalidade B
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
G&R Dos mundos. Un futuro
Getiza Bermeu Camargo
Juan José Rey Angueira
3º modalidade A
IES de Rodeira (Cangas)
Systerra
Sara González Núñez
Rubén Lino Mandado
Andrés Abal Aldao
Daniel Sotelo Pérez
Nas dúas modalidades o premio consiste na incorporación a un viveiro de empresas da Consellería de Educación, no asesoramento técnico do Igape e nunha dotación económica de 3.000 € (1º premio), 2.000 € (2º premio) e 1.000 € (3 premio).
As persoas participantes deberon achegar coa solicitude unha ficha dos integrantes do grupo (mínimo de 2 e máximo de 4) e un proxecto de empresa, así como un resumo executivo e un vídeo do mesmo.
Enmarcado no Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende, o concurso conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape. Ademais, os premios están cofinanciados polo Ministerio do ramo e polo Fondo Social Europeo.
Luscofusco The Braille's T-Shirts
Luscofusco (The Braille´s T-Shirts), do IES Montecelo (Pontevedra), preséntase como unha marca de roupa independente creada tras a detección da necesidade no mercado téxtil de pezas que permitan que as persoas invidentes poidan relacionalas doadamente co seu estilo ou o seu gusto sen dependeren doutra persoa para que llas describa. Desta forma búscase facilitarlle á persoa invidente unha sensación de independencia e realización, ao pór ao seu alcance deseños sinxelos de imaxinar ao tacto, creativos, orixinais e, ademais, cunha etiquetaxe que conteña a información do produto en braille.
O negocio consiste na impresión nas pezas con vinilo téxtil, creando un relevo arredor do deseño que ofreza unha doada comprensión ao tacto, ademais de levar en cada produto unha etiqueta en linguaxe braille e en alfabeto común.
O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño
G&R Dos mundos. Un futuro
O proxecto de carpintaría do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), G&R. Dos mundos. Un futuro, combina o traballo da madeira e o do metal. O obxectivo é cubrir un gran número de necesidades, xa que dentro desas materias primas existe un grande abano de posibilidades diferentes.
Neste sentido, pódese traballar a construción de estruturas e a decoración de interiores e de exteriores, o que ofrece un amplo mercado de usuarios potenciais que poidan solicitar estes servizos.
Systerra
SysTerra, do IES de Rodeira (Cangas) é un proxecto de cooperativa que contribuiría á profesionalización da agricultura en Galicia mediante a súa proposta: a creación dun aparello tecnolóxico que ofrece un control exacto e en tempo real do estado dos cultivos, tanto de interior (invernadoiros) como de exterior e rexionais.
O produto pretende analizar, mediante o emprego de sensores, o estado actual das plantacións no referido a humidade, eficiencia da rega, minerais e radiación solar dun xeito eficaz, coa incorporación da análise de datos mediante algoritmos para determinar as decisións óptimas dos parámetros que decida o cliente (rega, humidade, poda, temperatura, etc.).
A idea de SysTerra supón a implantación dun sistema de alto control e informatización dos procesos agrícolas, de tal xeito que os usuarios gocen dun control exhaustivo sobre as súas plantacións, en todo momento e en calquera lugar.
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidiron hoxe a entrega dos premios do concurso Eduemprende Idea 2019, un certame que ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño.
A conselleira de Educación deulles os parabéns tanto ao alumnado participante como ao gañador deste certame polo seu espírito emprendedor, moi valioso na sociedade actual, na que “o talento e as ideas son o que marca a diferenza, o máis importante”.
“Está mañá estades aquí algúns dos mellores expoñentes galegos do espírito emprendedor, motor do crecemento da economía e que favorece, tamén, a cohesión social ao contribuír non só ao voso desenvolvemento persoal, senón a darvos a oportunidade de mellorar a vosa empregabilidade en calquera ámbito ou situación”, destacou, lembrando que “outras persoas estiveron neste mesmo lugar, con proxectos premiados dos que algúns son hoxe empresas en funcionamento”.
Pomar sinalou que este certame naceu no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia (Eduemprende) co obxectivo de implantar a cultura emprendedora na comunidade educativa. “Foi, ao tempo, unha resposta ás necesidades da sociedade e aos cambios na concepción dos procesos de ensino e aprendizaxe, para reforzar os vínculos entre educación, empresa, investigación e innovación”, explicou.
Pola súa banda o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou que a Galicia do futuro será tamén a Galicia máis preparada, apuntando que os emprendedores xogarán un papel clave, xa que, grazas ao seu esforzo o tecido empresarial galego se reforza e medra.
Conde fixo fincapé en que a educación se converte no vehículo idóneo para implantar a cultura do emprendemento non só entre os máis novos durante a etapa de formación, senón tamén no mercado laboral entre os profesionais, mellorando a súa cualificación para asegurar un rendemento máis elevado. Apuntou que Galicia se encamiña na boa dirección para asegurar o benestar dos seus emprendedores, e así, ata 3.436 novas empresas se crearon este ano na Comunidade. Ademais, segundo o informe GEM, o emprendemento de menores de 40 anos supón o 24% do total.
Nestes premios recoñeceuse o traballo de estudantes de tres centros educativos da provincia da Pontevedra, en concreto os reflectidos na seguinte táboa:
|
Premio |
Centro |
Proxecto |
Autoría |
|
2º modalidade B |
IES Montecelo (Pontevedra) |
Luscofusco The Braille's T-Shirts |
Iria García Viñas Thalia Diego Martínez |
|
3º modalidade B |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
G&R Dos mundos. Un futuro |
Getiza Bermeu Camargo Juan José Rey Angueira |
|
3º modalidade A |
IES de Rodeira (Cangas) |
Systerra |
Sara González Núñez Rubén Lino Mandado Andrés Abal Aldao Daniel Sotelo Pérez |
Nas dúas modalidades o premio consiste na incorporación a un viveiro de empresas da Consellería de Educación, no asesoramento técnico do Igape e nunha dotación económica de 3.000 € (1º premio), 2.000 € (2º premio) e 1.000 € (3 premio).
As persoas participantes deberon achegar coa solicitude unha ficha dos integrantes do grupo (mínimo de 2 e máximo de 4) e un proxecto de empresa, así como un resumo executivo e un vídeo do mesmo.
Enmarcado no Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, Eduemprende, o concurso conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape. Ademais, os premios están cofinanciados polo Ministerio do ramo e polo Fondo Social Europeo.
Luscofusco The Braille's T-Shirts
Luscofusco (The Braille´s T-Shirts), do IES Montecelo (Pontevedra), preséntase como unha marca de roupa independente creada tras a detección da necesidade no mercado téxtil de pezas que permitan que as persoas invidentes poidan relacionalas doadamente co seu estilo ou o seu gusto sen dependeren doutra persoa para que llas describa. Desta forma búscase facilitarlle á persoa invidente unha sensación de independencia e realización, ao pór ao seu alcance deseños sinxelos de imaxinar ao tacto, creativos, orixinais e, ademais, cunha etiquetaxe que conteña a información do produto en braille.
O negocio consiste na impresión nas pezas con vinilo téxtil, creando un relevo arredor do deseño que ofreza unha doada comprensión ao tacto, ademais de levar en cada produto unha etiqueta en linguaxe braille e en alfabeto común.
O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño
G&R Dos mundos. Un futuro
O proxecto de carpintaría do CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo), G&R. Dos mundos. Un futuro, combina o traballo da madeira e o do metal. O obxectivo é cubrir un gran número de necesidades, xa que dentro desas materias primas existe un grande abano de posibilidades diferentes.
Neste sentido, pódese traballar a construción de estruturas e a decoración de interiores e de exteriores, o que ofrece un amplo mercado de usuarios potenciais que poidan solicitar estes servizos.
Systerra
SysTerra, do IES de Rodeira (Cangas) é un proxecto de cooperativa que contribuiría á profesionalización da agricultura en Galicia mediante a súa proposta: a creación dun aparello tecnolóxico que ofrece un control exacto e en tempo real do estado dos cultivos, tanto de interior (invernadoiros) como de exterior e rexionais.
O produto pretende analizar, mediante o emprego de sensores, o estado actual das plantacións no referido a humidade, eficiencia da rega, minerais e radiación solar dun xeito eficaz, coa incorporación da análise de datos mediante algoritmos para determinar as decisións óptimas dos parámetros que decida o cliente (rega, humidade, poda, temperatura, etc.).
A idea de SysTerra supón a implantación dun sistema de alto control e informatización dos procesos agrícolas, de tal xeito que os usuarios gocen dun control exhaustivo sobre as súas plantacións, en todo momento e en calquera lugar.





































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44