Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 27 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación destina máis de 313.000 euros para 9 puntos limpos

O goberno de Carmela Silva adxudicou o contrato das obras que comezarán a finais de xaneiro e terán un prazo de execución de 3 meses

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato, mediante procedemento aberto simplificado, para a adecuación dos 9 puntos limpos do proxecto Estraee na provincia de Pontevedra. Así, a partida total ascende a 313.089,17 euros e divídese en nove lotes, pertencentes a cada un dos puntos limpos, situados en Meaño, A Guarda, A Lama, Gondomar, Nigrán, Ponteareas, Silleda, Vilagarcía e na Mancomunidade do Morrazo.

 

Os traballos de adecuación que se levarán a cabo mudan para adaptarse ás necesidades concretas de cada un dos casos, aínda que os obxectivos fundamentais destas accións son mellorar o funcionamento dos puntos limpos, mellorar a iluminación, proveer de novas infraestruturas para a reutilización ou dispoñer de sistemas de protección contra incendios e paneis indicativos. O prazo de execución das obras será de entre 1 e 3 meses e  a previsión é que os traballos poidan comezar a finais de xaneiro.

 

Estas obras están inseridas no proxecto ESTRAEE, seguindo na liña de apoio á sustentabilidade cara á transición ecolóxica que marca o goberno provincial. O programa destínase a mellorar a xestión transfronteiriza dos residuos que xeran os aparellos eléctricos e electrónicos mediante tecnoloxías innovadoras para a protección ambiental e a eficiencia dos recursos. Trátase dun proxecto que conta cun orzamento superior ós 2 millóns de euros, o 75% pertencentes a fondos FEDER no marco do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

 

Deste modo, para o punto limpo de Meaño, a empresa adxudicataria é Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.L. e o importe de adxudicación é de 14.271,95€. Para A Guarda, a empresa adxudicataria é Obras Gallaecia, S.L. cun importe de 28.422,90€. O punto limpo da Lama posúe a mesma empresa adxudicataria, Obras Gallaecia, S.L., pero desta volta cun importe de 28.374,50€. Obras Gallaecia, S.L. repite tamén en Gondomar, cun importe de adxudicación de 35.307,80 euros, e en Silleda, cun importe de 26.353,80 euros.

 

Para o punto limpo de Nigrán a empresa adxudicataria é Construcciones Caldevergazo, S.L.. O importe do contrato ascende a 20.086 euros. Para o punto limpo da Mancomunidade do Morrazo, o importe será de 38.415,19 euros e a empresa adxudicataria é Construcións Obras e Viais, S.A. No punto limpo de Ponteareas, a empresa adxudicataria é Narom, S.L., mentres que o importe do contrato ascende a 49.499,03€. Finalmente, para o punto limpo de Vilagarcía a empresa adxudicataria será Construcciones Caldevergazo, S. L. O importe da adxudicación é de 72.358 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.