TOMIÑO
Ábrese ao tráfico a nova Avenida de Tomiño
A Deputación de Pontevedra financiou a maior parte da nova variante cun investimento de máis de 2 millóns de euros
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, expresou esta semana a súa satisfacción trala apertura ao tráfico esta fin de semana da nova Avenida de Tomiño, “un dos maiores retos de mobilidade urbana e seguridade viaria que afrontamos nestes catro anos de mandato”. A ambiciosa actuación viaria, impulsada a través dun convenio entre a Deputación, o concello de Tomiño e a Xunta, tivo un orzamento total de 3,5 millóns de euros, dos que a Deputación foi quen fixo a maior aposta económica cun investimento de máis de 2 millóns de euros, 2.111.766,73, o que supón o 66% do importe total.
A nova Avenida supón a posta en marcha dunha variante que mellora a conexión entre a EP 3102 (Tomiño-Sabarís) e a PO-344, ao seu paso polo núcleo urbano de Seixo, que permite derivar o tráfico de paso cara o exterior do tramado urbano, mediante unha vía poboacional. Para a presidenta provincial Carmela Silva, “con este proxecto proporcionamos unha mellora substancial da calidade urbana e seguridade viaria á cidadanía de Tomiño, e cumprimos cos nosos obxectivos dunha mobilidade baseada na sustentabilidade, centrada nas persoas e na seguridade das nosas vilas e cidades”. Amais, dixo a presidenta “seguimos na nosa liña de dotar de equipamentos, servizos e dereitos a todas as persoas vivan onde vivan”. Deste xeito, mellorouse a mobilidade e integración urbanística deste conxunto urbano, permitindo unha mellor permeabilidade e accesibilidade do sistema viario adscrito. De feito, ata o momento no núcleo urbano había un grave problema de conxestión de tránsito de vehículos, con entre 5.000 e 10.000 vehículos ao día, un problema que se foi agravando co paso do tempo xa que nos últimos 15 anos a poboación de Tomiño aumentou un 30%, e as estradas referidas conectan unha serie de equipamentos públicos como o instituto, o pavillón polideportivo, o campo de fútbol, o centro de saúde, o centro de día, o colexio público ou varios edificios administrativos.
A nova variante, cuxo proxecto realizou, licitou e executou a Deputación, abrangue un trazado de 1qm + 318 m. A sección tipo consta de 9,5 metros dedicados a unha plataforma de dobre sentido de circulación, cunha configuración de 7 metros para calzada (3,5 por carril) e 1,5 / 1 metros de beiravía en cada marxe, así como 6 metros para unha senda de bicicletas e pedestre, que presta tamén acceso ás parcelas que o precisen nesa marxe. Ademais, a sección complétase ata os 20,5 metros de ocupación media con obxecto de dar cabida as bermas de 0,5 metros para a calzada, e cunetas de 2 metros para a correcta execución e funcionalidade da plataforma. Pola súa banda, tamén se construíron cinco glorietas sobre o viario existente, e proxectouse a maiores unha conexión urbana de 150 metros co centro urbano de Seixo.
10 millóns de euros no mandato
Desde a súa chegada á Deputación de Pontevedra o goberno de Carmela Silva leva investidos en Tomiño case 10 millóns de euros procedentes de todas as áreas de goberno. É o maior investimento da historia da institución provincial neste concello do Baixo Miño.
Carmela Silva: “Seguimos a cumprir co noso compromiso de dotar de equipamentos, servizos e dereitos a todas as persoas vivan onde vivan”
So coas partidas do Plan Concellos, o goberno municipal de Tomiño puido financiar 25 obras de relevancia entra as que se atopan o saneamento de Pazos, Rexidouro, Vilachan, Sanomedio e a Val ou Carregal de Abaixo; a reforma e mellora da accesibilidade no salón de plenos do concello; a mellora do terreo de xogo do campo de fútbol de Carballa e das instalacións do campo de fútbol do Alivio; a Senda peonil no camiño novo; a adaptación da accesibilidade na alameda de Goian; o acondicionamento da Praza de Figueiró; a mellora dos camiños municipais no concello; e a da seguranza viaria na vila. Tamén, a través da liña 3 de Emprego do Plan Concellos, o municipio puido contratar a 99 traballadoras e traballadores.
Amais, Tomiño conta cun proxecto do Plan DepoRemse, para a mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da praza do Seixo cun investimento de medio millón de euros; e tamén figura como un dos municipios beneficiarios do programa de iluminación sostible IDAE da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180