Festa Pre Fin de Ano en Mos con Andrea Pousa e La Fórmula
Será este luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos
Foto de arquivo da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano á que asistiron preto de 3.000 persoas
Aproxímase a data do prato forte da programación navideña organizada polo Concello de Mos, a Festa Pre Fin de Ano, que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos.
A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea Pousa, será a encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa tradición.
Repartiranse preto de 200 quilos de uvas
Tras as badaladas e as uvas chegará a actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos últimos anos, titulado “La magia existe”.
Nos exteriores do Pazo de Mos haberá instalada unha gran carpa para este evento festivo.
Desde o Concello de Mos espérase repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron preto de 3.000 persoas.
Foto de arquivo da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano á que asistiron preto de 3.000 persoasAproxímase a data do prato forte da programación navideña organizada polo Concello de Mos, a Festa Pre Fin de Ano, que terá lugar o luns 30 de decembro a partir das 23.00 horas no Pazo de Mos.
A cantante melódica-lírica e actriz nacida en Tomiño, Andrea Pousa, será a encargada de presentar as badaladas que, por suposto, contarán coas tradicionais 12 uvas de Fin de Ano para todos os asistentes. O Concello repartirá preto de 200 quilos de uvas para que todo o mundo poida cumprir coa tradición.
Repartiranse preto de 200 quilos de uvas
Tras as badaladas e as uvas chegará a actuación da Orquestra La Fórmula, que presentará o seu mellor espetáculo dos últimos anos, titulado “La magia existe”.
Nos exteriores do Pazo de Mos haberá instalada unha gran carpa para este evento festivo.
Desde o Concello de Mos espérase repetir o éxito da pasada edición da Festa Pre Fin de Ano, á que asistiron preto de 3.000 persoas.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58