GALICIA
Axudas para a creación doutras 15 Casas Niño no rural
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado martes recolle as solicitudes beneficiadas desta nova convocatoria de achegas, a cuarta desde a implantación do programa en 2016
A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado martes, día 24, a resolución das axudas para a creación de 15 novas Casa niño no rural. Esta é a cuarta liña de subvencións lanzada polo Goberno galego desde que se implantou este programa no ano 2016 e que permitiu poñer xa en funcionamento 60 recursos de conciliación deste tipo en municipios de menos de 5000 habitantes.
As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dous meses contados a partir da publicación desta resolución no DOG para achegar toda a documentación requirida no caso de que non fora achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble. Este prazo será de tres meses no caso das cooperativas de traballo asociado en proceso de constitución.
Catro concellos da provincia da Coruña contarán con este recurso (Cerdido, As Somozas, Toques e Vilasantar); outros catro da de Lugo (Baleira, Navia de Suarna, Ribas de Sil e Samos); seis en Ourense (Vilar de Barrio, Punxín, Rairiz de Veiga, Petín, Larouco e Montederramo) e outro en Pontevedra (Pazos de Borbén)
En concreto, as persoas beneficiaras destas axudas proxectan a apertura de Casas niño en catro concellos da provincia da Coruña (Cerdido, As Somozas, Toques e Vilasantar); outras catro en municipios da provincia de Lugo (Baleira, Navia de Suarna, Ribas de Sil e Samos); seis en localidades pertencentes a provincia ourensá (Vilar de Barrio, Punxín, Rairiz de Veiga, Petín, Larouco e Montederramo); e unha na provincia de Pontevedra (Pazos de Borbén).
As Casas niño son pequenas escolas infantís que atenden cada unha delas a un máximo de cinco nenas e nenos de 0 a 3 anos. Son totalmente gratuítas para as familias. O obxectivo da Xunta é que todos os concellos teñan a posibilidade de ter un recurso de conciliación ao remate da lexislatura.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44