Miércoles, 17 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 28 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Recoñecemento de dúas asociacións á Comunidade de Montes de Tameiga

Este pasado xoves 26 de decembro do 2019, Carlos Morgade de Iniciativas Comunales e Serxio Couto González en representación do ICCA Consortium, outorgaron á Comunidade de Montes de Tameiga un "recoñecemento á conservación dos usos comunais da terra e dos bens".

 

Reclaman ademais ás administracións, tanto autonómica como local, que "respecten a decisións da veciñanza comuneira adoptada por inmensa maioría na súa asemblea e lamentan que os poderes públicos prioricen os intereses privados por riba da vontade das veciñas e veciños expresada democraticamente".

 

Estas organizacións asumen que a contorna forestal "é de suma relevancia para a veciñanza desta comarca, xa que se beneficia dos seus recursos naturais, produtivos e acuíferos. Esta paraxe natural auto-xestionado e conservada pola comunidade de veciñas e veciños comuneiros de Tameiga ten producións micolóxicas, de castañas, repoboación forestal autóctona e os recursos acuíferos desde fai mais de 40 anos, grazas ao seu gran labor, sacrificio persoal e económico en beneficio de mais de 2.000 familias" sinalan nun comunicado emitido dende a propia Comunidade de Montes de Tameiga.

 

Para conmemorar este recoñecemento celebrouse está mañá un acto cos representantes de I Comunales , ICCA Consortium, o presidente da Comunidade de Montes de Tameiga e os presidentes das Comunidades de Montes Comunais de Teis e da Comunidade de Couso. Estas dúas comunidades de montes xa acadaron o recoñecemento pola laboura en defensa do territorio en crave de conservación e autoxestión.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.