Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 28 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A primeira San Silvestre do Porriño superará os 700 participantes

A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.  


O mesmo día da proba, o martes 30 de decembro, os inscritos poderán recoller os seus dorsais no Pavillon Municipal ( entre as 8 h. e as 15 h.) e pola tarde, no Concello do Porriño (entre as 17 e as 19,30 h.)
Todos os inscritos deberán estar dez minutos antes do inicio da proba (prevista para as 20 horas) e colocarse na zona de saída, na rúa praza Arquitecto Antonio Palacios.


Todos os participantes deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó “SOS Porriño”, o Banco de Alimentos Municipal.  Por iso a proba chamase “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.


A proba está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.


O remate haberá dous stands de bebidas patrocinados por “Mahou” e tamén chocolate para que os participantes repoñan forzas.


“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria” manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes que tamén está inscrito e participará na San Silvestre.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.