Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 28 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño será o vindeiro domingo a capital do ciclocross galego

A Federación Galega de Ciclismo confirmou que haberá 400 participantes nas diferentes probas e categorías do Cameponato de Galicia de Ciclocross que terá lugar o vindeiro domingo 29 no Porriño.


Habilitaráse un circuito de dous quilómetros e medio no Velódromo Municipal do Porriño e na súa contorna. O club local Agrupación Deportiva Avanza é o responsable da organización co apoio do Concello do Porriño que é tamén o patrocinador principal.


Dende as 9:30 horas comenzarán as competicións. Como aperitivo ao Campeonato de Galicia, haberá o III Trofeo Ciclocross Avanza, unha carreira de promoción, reservada para as nenas e nenos que aínda non alcanzaron a idade mínima para competir. A partires das 10 horas comezará a batalla polas medallas coa primeira quenda de saídas na que se porán en marcha os máster-50 e 60, os máster-30 e as mulleres máster.


A xornada continuará ás 11 cos títulos máster-40, a categoría máis numerosa. Unha hora máis tarde comparecerán en escena as rapazas e rapaces cadetes e unha vez que rematen arrancarán os elites e sub-23, os juniors, as elites e sub-23 e as juniors.


A Federación Galega apuntou que categoría elite e sub-23 masculina, o defensor da coroa Saúl López (Maceda) terá como principais ameazas ao ciclista profesional de estrada Daniel López Parada (Burgos BH), actual líder da Copa Galicia, e a un trío de corredores porriñeses, especialmente motivados ao competir na casa: Jacobo Ucha (Marcisport), Luis Fernández Oliveira (Avanza) e Jorge Punzón (Cosmos).


En canto á proba elite e sub-23 feminina, as principais favoritas á vitoria absoluta son a local María Jesús Barros (Spol) e Carla Fernández (Río Miera).


Do mesmo xeito que no resto de eventos do calendario autonómico, no Campionato de Galicia tamén se repartirán puntos para o ránking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).


Esta última proba oficial do 2019 será un ensaio xeral de cara á cita que se celebrará o 11 e o 12 de xaneiro na Illa das Esculturas. A Selección que a Federación Galega de Ciclismo presentará en Pontevedra acabará de definirse co que resulte do Campeonato Galego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.