Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 02 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O pleno da Deputación rexeita a moción do PP sobre a AP9

Font: “Despois de 7 anos no goberno, o PP esixe agora solucións a un goberno en funcións; non se pode ter máis cinismo e non permitiremos que lle tomen o pelo á cidadanía”

A Deputación de Pontevedra defenderá a transferencia da AP-9 a Galicia, de acordo coa resolución reiteradamente aprobada polo Parlamento galego "e bloqueada con obstinación polo Goberno de Mariano Rajoy durante o ano 2018. O anuncio foi realizado no marco do debate plenario dunha moción presentada polo grupo provincial do PP sobre as peaxes" segundo sinalan nun comunicado de prensa.


O voceiro do grupo socialista, Carlos Font afeoulle á bancada do PP a súa actitude “porque non imos admitir que o Partido Popular, o responsable da situación da AP-9, actúe con hipocrisía, cinismo e desfachatez”. A situación da AP-9, lembrou, débese á ampliación da concesión por 25 anos, aprobada no ano 2000 con Aznar de presidente e con Fraga na presidencia da Xunta de Galicia, e ao acordo con Audasa de 2011, pero tamén ao de 2013 do Partido Popular “e, sobre todo, á inacción da ministra Ana Pastor e do ministro Íñigo de la Serna, que nunca fixeron nada para evitar esta situación realmente discriminatoria”. Concluíu que o balanzo ao respecto da AP-9 dos 7 anos de Goberno do PP é dun baleiro absoluto, “e agora esixen solucións a un Goberno en funcións; non se pode ter máis cara dura política”. Amais, o voceiro socialista compartiu a esixencia que o deputado do BNG, Uxío Benítez, fixo ao PP para que dea explicacións públicas da suposta necesidade de tratar este asunto nun pleno extraordinario, “que lle costa miles de euros á cidadanía”, cando podería habelo feito na sesión ordinaria. “É unha auténtica vergoña”.

 

 

 

 

A Deputación de Pontevedra defenderá con coherencia a transferencia da autoestrada a Galicia e as medidas para a rebaixa das peaxes

 

 

 


Font considerou “imprescindible” a toma de decisións para a rebaixa das peaxes, cara a impedir os incrementos de tarifas extraordinarios, “e para ter en conta aquelas situacións extraordinarias onde a única vía real de comunicación sexa a autopista”. Non obstante, tamén destacou a necesidade de que se debata, en sintonía cos compromisos do Goberno en funcións, a transferencia da infraestrutura a Galicia, “tal e como se acordou por unanimidade no Parlamento galego, cousa que vostedes esquecen na súa moción”, dixo en referencia ao grupo popular.


Diante desta situación concluíu que a Deputación de Pontevedra “defenderá alá onde haxa que defender, solucións a unha situación de custos para a veciñanza que non é asumible”. Agora ben, “non permitimos que o PP lle tome o pelo á Corporación provincial e á cidadanía con mocións como esta porque a coherencia na defensa dos intereses xerais, por enriba da demagoxia e o arribismo en función da coxuntura, é un patrimonio político irrenunciable”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.