Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño celebrará o Concurso de Rondallas con aforo limitado

A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal   Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.


Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1.


E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse este ano retransmisión por “streaming”  da que facilitaremos máis información en breve.


No que atinxe ó concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte:

 

  1. Rondalla do Centro Cultural de Torroso
  2. Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
  3. Rondalla Mosteiro de Tui
  4. Rondalla do CSCR de Beade
  5. Rondalla Helios de Bembrive
  6. Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
  7. Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas


A Concellería de Festexos organiza esta edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas e  carácter competitivo.


Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.


Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.