Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 31 de Diciembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aprobación por unanimidade da adxudicacion do "SAF" á empresa "Sociser Galicia"

O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa "Sociser Galicia" do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).


Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta cun orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.


Na sesión, de caracter ordinario, tamén aprobaronse por unanimidade varias altas no inventario municipal de camiños en Budiño ou en Pontellas así como a prórroga da concesión de supermercado na Praza de Abastos que ven ocupándose desde 2011.


Tamén aprobaronse por maioría, agás as abstencións dos 2 concelleiros de EU Son, as bases para arrendamento de parcelas municipais para explotacións mineiras en Atios así como nos montes Carrascal, Laxedo, Cerola e Faro, entre outros.


No debate destes asuntos, o voceiro de EU Son cuestionou ó goberno municipal sobre o estado de cobro dos canons por parte das empresas mineiras. Pedro Pereira, concelleiro de Urbanismo respostou que en breve o Concello artellará procedementos xurídicos para a reclamación de débedas ós adxudicatarios que non estean ó día nos seus pagos.


A unanimidade rachouse en algúns outros asuntos como a moción presentada por EU Son para demandar da corporación municipal un acordo en contra do proxecto de universidade privada que promove ABanca. A moción foi derrotada polos 8 votos en contra do PP e 5 abstencións (PSOE e Manuel Carrera).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.