Sábado, 11 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 02 de Enero de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Adxudicado o programa “Depo en Marcha 2020”

O gasto para esta iniciativa ascenderá en 2020 a máis de 189.000 euros, o que supón un aumento de 33.000 euros con respecto ó presente exercicio

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno o expediente de contratación para a adxudicación do servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa “Depo en Marcha 2020” mediante tramitación anticipada do procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada (SARA). Deste xeito, o importe total da iniciativa ascenderá a 189.067,04 euros, 33.000 euros máis que no presente exercicio.

 

Depo en Marcha trátase dun programa que ten como obxectivo favorecer o avellentamento activo a través de obradoiros de actividades que actúan como espazos de encontro e de intercambio de experiencias, evitando así o illamento e as situacións de soidade das persoas maiores. O programa ofrece un total de 130 obradoiros que terán unha duración de 30 horas e que se impartirán en xornadas de entre unha e tres horas á semana. Na edición de 2020 haberá oito temáticas a tratar: “Traballando coas mans”, “Entre fogóns”, “Aprendendo da natureza”, “Móvete”, “Activando corpo e mente”, “Enredando”, “Dálle marcha” e “En rede”.

 

Os beneficiarios do programa serán as entidades sen ánimo de lucro de persoas maiores, xubiladas e pensionistas da provincia de Pontevedra. Como o programa se dirixe principalmente á terceira idade, para a súa realización, a entidade solicitante deberá acreditar antes do inicio de cada obradoiro que o 70% do alumnado ten 50 ou máis anos no momento da inscrición. O número máximo de prazas de cada obradoiro virá determinado pola súa especialidade e poderá variar entre 20 e 25.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.